A XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DO ALUMNADO SE FARÁ EXCLUSIVAMENTE A TRAVÉS DA APLICACIÓN ABALAR MÓBIL
Para a xustificación das faltas de asistencia do alumnado, os pais, nais ou titores/as legais do alumnado ateranse ó seguinte procedemento:
- As familias terán un prazo de tres días, a partir da ausencia do alumnado ás sesións lectivas, para xustificar as ausencias ante o/a titor/a.
- De prever unha ausencia de varios días á clase, os pais ou responsables legais deberán comunicalo ó titor/a ou a algún membro do equipo directivo. Só se aceptará como causa xustificada a circunstancia que lle impida ao/á alumno/a acudir ó centro.
- Se un alumno/a debe abandonar o centro durante o período lectivo, a súa nai, pai ou persoa en quen deleguen, debe cubrir o impreso que lle facilitarán en conserxería co fin de autorizar a saída do alumno/a. En ningún caso, se permitirá que un alumno/a abandone o Centro sen autorización dos pais ou titores legais.
- No caso de que a inasistencia a clase coincida cunha proba ou exame, o/a alumno/a deberá ensinar ao profesor/a correspondente á materia da que tivo exame, a xustificación da falta. No caso de probas ou exames de carácter extraordinario ou final, o departamento involucrado, xunto coa Xefatura de estudos, decidirá si se acepta ou non a xustificación e a realización dunha nova proba. No caso de que o alumno ou alumna se ausente, de forma xustificada, por un período prolongado e coincidente ou moi próximo as datas da 1ª ou 2ª avaliación, o alumno/a será avaliado dos contidos que se impartiron ata que se produciu a ausencia. Non obstante e segundo o establecido por cada departamento, poderá ser avaliado dos contidos pendentes despois da súa incorporación.