Estimad@s nais e pais,
Na última reunión da xunta directiva da Anpa decidimos que dadas as dificultades económicas que atravesan moitas familias NON COBRAREMOS COTA PARA DARSE DE ALTA DE SOCIO este ano. Para a realización de actividades utilizaremos o remanente existente doutros anos.
Respecto o seguro da Anpa vos informamos de que debido ó incremento da renovación da póliza o custo pasa a ser de 12 euros por neno/a.
No mes de setembro poñerémonos en contacto coas familias que xa fixeron o ingreso da cota para facerlles a devolución.
Con motivo do novo curso académico pedímosvos que colaboredes facéndovos socios e vos invitamos a que participedes activamente na ANPA plantexando as vosas inquedanzas e propostas de mellora.
A ANPA do IES Sanxenxo
A causa do COVID-19 para facervos socios ou contratar o seguro da ANPA premede no link.