Iniciar sesión: Acceso

HORA DE LER 2º CICLO: "Keep calm e ... le!"

Textos para a hora de ler de 3º e 4º

Keep calm e... LE!

Como comentaramos o curso pasado, era tempo de darlle unha volta a nosa hora de ler no instituto. Iniciamos novo proxecto lector en 2º ciclo con esta proposta para a Hora de Ler. A idea que hai detrás de “Keep Calm e... LE!” é fomentar a lectura crítica entre o alumnado. Trátase dun catálogode lecturas dixital con textos interesantes de distintos campos para ter acceso desde as aulas e compartir nas Horas de Ler. Son textos que fomentarán o debate. O obxectivo é realizar unha lectura colectiva en voz alta na aula e acompañala dun coloquio posterior. Aquí poden coñecer os textos que se van traballando nas distintas aulas.

Que tal debaterá esta xente miúda? Igual arranxamos o mundo nunha Hora de Ler, quen sabe... Con calma e lendo!

LECTURAS MATEMÁTICAS

Neste enlace atoparedes un blog cunha morea de lectuas, historias e libros con curiosides matemáticas. Son lecturas moi amenas e que poden despertar o gusto pola materia ao tempo que se goza coa lectura. Esperamos sexan do voso agrado.

HORA DE LECTURA.- INGLÉS

Dende o Departamento de Inglés propoñemos unha colección de relatos do mundialmente famoso Roald Dahl, o que coñecedes polos seus libros infantís "Charlie e a fábrica de chocolate" ou "Matilda". A obra que imos ler na clase, en cambio, contén unha serie de historias cortas cun final case sempre misterioso, tétrico, cruel ou simplemente inesperado (de aí o seu título: "Tales of the unexpected"). En todos estes relatos para adultos podedes apreciar as grandes dotes literarias e o fino humor do seu autor, que nalgúns casos (p. ex. a historia titulada "Cordero asado") serviu de inspiración a xeniais directores de cine como Alfred Hitchcock.

Esperamos que vos guste.

Distribuir contido