Contidos DACE

CLUB DE CIENCIA. DATAS DE TRABALLO

Fai clic aquí para acceder ao cartaz das datas de traballo do Club de Ciencias.

SEMANA DA CIENCIA. 16-20 DE ABRIL

O IES Salvaterra vai celebrar entre o 16 e 20 de abril a súa IV Semana da Ciencia. De luns a venres vai mudar a rutina do instituto, xa que o centro abandona o seu horario de clases habitual para cubrirse con conferencias, exposicións, experimentos e demostracións científicas.

É o alumnado de secundaria o que realiza e explica todas as actividades que veñen traballando nas aulas aos demais compañeiros. Nesta feira do saber, que abrangue todas as áreas do coñecemento, imos recibir a visita do alumnado dos centros de primaria de Salvaterra, e contamos coa colaboración do Concello para subvencionar o custe material desta Semana da Ciencia.

Ademais, o mércores 16 entre as 16:45 e as 18h, como resposta á desoladora vaga de lumes que nos asolou en outubro, imos facer unha reforestación de 200 árbores autóctonas no lugar do Castelo, e colaboración coa Comunidade de Montes de Salvaterra. Nesta iniciativa está involucrada non só a comunidade educativa: a Comunidade de Montes preparou o terreo para a plantación; as árbores mercáronse coa subvención do Fondo social de CaixaBank, cuxa oficina de Salvaterra apoiou en todo momento a idea; a ANPA xestionou o transporte das árbores e colaborou en toda a organización; e a empresa de transportes Raul cede os seus autobuses para mobilizar a 300 rapaces, o noso alumnado, moi sensible ante a catástrofe dos lumes que viviron en primeira persoa, e que o día 16 sementará un futuro novo para os nosos montes.   

 

O PATRIMONIO INMATERIAL - 4ºESO (2016-17)

Enlace ás presentacións realizadas polo alumnado de 4º ESO sobre o PATRIMONIO INMATERIAL DE SALVATERRA. Foi traballo obrigatorio da 3ª avaliación.

Colaboración co proxecto Salvaterra de Viño

Prema aquí  para velas

SAÍDA A ALLARIZ CO PROXECTO TERRA

Fotos da saída a Allariz con 3º ESO en colaboración co Departamento de Bioloxía.

PREMA AQUÍ PARA VER FOTOS

 

 

XVII Congreso ENFAMEC. IES de Salvaterra, 9-10 de xuño

CONGRESO SOBRE A FABRICACIÓN MECÁNICA NO IES DE SALVATERRA

 

Durante os días 9 e 10 de xuño, máis de 90 profesores de fabricación mecánica de toda Galicia participarán no XVII Congreso de ENFAMEC que se celebrará no IES SALVATERRA DE MIÑO coa finalidade de crear un lugar de encontro entre docentes, administración e empresariado, onde intercambiar experiencias e ampliar coñecementos desta especialidade formativa. 

 

Na apertura do congreso, o venres 9 ás 17 na aula de Usos múltiples do IES, participarán o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, así como o Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, o xefe territorial Educación, César A. Ares, e o director do centro, Victor Costas.

 

Ademais dos relatorios, que abranguen temas como as mobilidades profesionais de alumnado e profesorado no estranxeiro, a implantación da robótica ou os procesos de fabricación e montaxe de estruturas mecánicas entre moitos outros, haberá tamén visitas ás empresas Megalta e Censa no Porriño.

 

Devandito congreso está organizado pola Asociación de Ensinantes de Fabricación Mecánica (ENFAMEC) e o IES de Salvaterra, e conta coa colaboración principal do Concello de Salvaterra de Miño, entre outros. Velaquí o programa.

 

Semana da Ciencia: 13-17 de febreiro

 

SEMANA DA CIENCIA NO IES SALVATERRA

Entre o 13 e o 17 de febreiro, o IES Salvaterra celebra a súa III Semana da Ciencia. A rutina do centro educativo québrase de luns a venres, pois o alumnado de todos os nivei vai mostrar os experimentos enaiados nos últimos meses e que abranguen campos como a química, a xenética, a robótica ou a física.
O instututo acollerá unha ducia de experimentos cada día, pero ademais podemos participar ao longo de toda a semana de xogos matemáticos, obradoiros de reciclaxe e exposicións permanentes sobre os nosos científicos, a química do amor, ou a pirámide alimenticia. 
E como colofón, todos os días da semana teñen cadansúa conferencia, de moi diferentes temáticas para os diferentes niveis. Deste xeito, van visitar o centro profesionais de Meteogalicia, o investigador e divulgador científico Xurxo Mariño para falar da neurociencia, e tamén expertos na doazón de órganos, os primeiros auxilios ou a utilización segura das novas tecnoloxías.
Nesta semana o IES de Salvaterra vai recibir a visita dos escolares de todo o Concello, para que poidan gozar co alumnado de secundaria dunha ciencia divertida, activa e para todas e todos. O Concello de Salvaterra tamén colabora con esta semana científica para que todos os visitantes leven un recordo da súa visita.  

Velaquí un dos moitos experimentos que se realizaron:

 

 

Distribuir contido