CORRELINGUA 2015

Este mes das LETRAS, como xa é tradición, participamos no CORRELINGUA cos centros educativos do Baixo Miño. Máis de 800 alumnos de Tui, O Rosal, A Guarda, Salvaterra e Tomiño (os nosos fantásticos anfitrións) botámonos ás rúas para celebrar e defender o GALEGO baixo o lema: A NOSA CREACIÓN COMÚN.

 

Por iso, porque é a nosa maneira de ver e de estar no mundo, camiños por Tomiño, lemos o manifesto, escoitamos a Xurxo Souto e gozamos do concerto de SACHA NA HORTA. Ao final, unha festaza a prol da lingua que nos fai únicos no mundo. DÁLLE AQUÍ AO RATO PARA VER AS FOTOS

 Mais, sen dúbida, o mellor de todo foi a actuación do grupo de baile do Instituto coordinado pola profe Nieves. E se non CLICADE AQUÍ!!