Chan da Ponte, 12 - 36450 - Salvaterra de Miño - Tlfno: 886 110 701 - Fax: 886 110 710 - mail: ies.salvaterra.mino@edu.xunta.es Aula Virtual Correo EDU Portal EDU
IES SALVATERRA DE MIÑO |
|||
Chan da Ponte, 12 - 36450 - Salvaterra de Miño - Tlfno: 886 110 701 - Fax: 886 110 710 - mail: ies.salvaterra.mino@edu.xunta.es Aula Virtual Correo EDU Portal EDU
|
Si eres usuario: Acceso
|
Non sei por qué me deron esta mañá vidrada chea de alas de pomba. Nimbos, Xosé María Díaz Castro. Letras Galegas 2014
BASES CERTAME DE POESÍA EDLG IES Salvaterra de Miño 1. Poderá participar todo o alumnado do IES de Salvaterra de Miño agrupado en tres categorías: § Alumnado de 1º e 2º de ESO. § Alumnado de 3º e 4º de ESO e PCPI. § Alumnado de Bacharelato e Ciclos. 2. Os poemas estarán inspirados na obra do autor homenaxeado e na dos seus compañeiros de xeración: Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, María Mariño, Dora Vázquez, os irmáns Álvarez Blázquez, Luís Seoane… Poden ser versións. 3. O prazo de admisión dos traballos remata o venres 25 de abril de 2014. Pódense entregar a calquera profesor/a de Lingua Galega e Literatura, á profesora Nieves Groba (na aula 11) ou enviar ao correo gonzalezmontes@edu.xunta.es. Debe figurar o nome e apelidos e grupo do/a autor/a. 4. O xurado, composto polo EDLG do IES, outorgará un 1º e un 2º premio por categoría. As obras gañadoras, así como aquelas que resulten de interese, serán publicadas na revista escolar “O Estoxo”.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Salvaterra. Salvaterra de Miño, 28 de febreiro de 2014. |
Eventos
|