Certame Ilustracións Letras Galegas 2014

Concurso de ilustracións inspiradas na figura e na obra de Xosé María Díaz Castro.

Letras Galegas 2014

                  EDLG IES Salvaterra de Miño.

 

Gañadores:

 

1º premio:

Itzíar Pérez de Mendiguren Martínez

 

2º premio

Mónica Domínguez Acuña

Bases:

1.     O certame está dirixido a todo o alumnado do IES de Salvaterra de Miño que participará en diferentes categorías:

§  Alumnado de 1º e 2º de ESO.

§  Alumnado de 3º e 4º de ESO e PCPI.

§  Alumnado de Bacharelato e Ciclos.

2.     Os traballos poderán empregar calquera material e a técnica será libre. O tamaño non será maior dun folio (DIN A3)

3.     O prazo de admisión dos traballos remata o venres 25 de abril de 2014. Pódense entregar a calquera profesor/a de Educación Plástica e Visual, Lingua Galega e Literatura ou á profesora Nieves Groba (na aula 11)

4.     O xurado, composto polo profesorado de EPeV e o EDLG do IES, outorgará un 1º e un 2º premio por categoría. As obras gañadoras, así como aquelas que resulten de interese, serán publicadas na revista escolar “O Estoxo” e formarán parte dunha exposición nos corredores do IES.

 

          Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES Salvaterra de Miño.

                                                   Salvaterra de Miño, 28 de febreiro de 2014.