Skip to Content

A SITUACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS NO BRASIL

Emotiva conferencia sobre a situación dos dereitos humanos no Brasil, a cargo de Renata Nede, xeógrafa e especialista en planificación e política urbana, e mais Ana Paula, pedagoga. A charla tivo lugar no IES Ribeira do Louro, grazas á colaboración da sección de Vigo de Aministía Internacional. No noso centro, a actividade foi coordinada por Virxinia Calviño.

TORNEIROS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A comunidade educativa de Torneiros conmemora o Día contra a violencia de xénero (25 de novembro do 2015), cunha cadea humana, unha lectura de poemas e narracións, e unhas verbas finais da alcaldesa do Porriño. E todo iso con algúns retrincos musicais do tema Porco blues, da extraordinaria Sés.

VISITA DO GRUPO DE TEATRO DO IES TABOADA CHIVITE AO NOSO CENTRO

Hai un ano, o grupo de teatro do Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro ía ao IES Taboada Chivite, en Verín, a representar o Edipo rei, de Sófocles. Pois ben, neste 10 de novembro foron eles os que viñeron ao noso instituto para montar de xeito maxistral As troianas, de Eurípides. Foi unha auténtica lección de teatro que podemos ver neste vídeo que gravamos:

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut