Skip to Content

LISTAXE ALUMNADO RESERVAS PARA O CURSO 2017/18

Listaxe definitiva de reservas admitidas do alumnado procedente de centros adscritos para o curso 2017/2018:

 

VIII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

 

Este pasado mércores 15 de febreiro tivo lugar a fase galega da VIII Olimpíada de Xeoloxía na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía no Campus Universitario de Vigo.

Foi unha xornada intensa na que, pola mañá, se realizou a parte práctica (en grupos de 4 ou 5 alumnos): por un lado cuestións relativas a un mapa topográfico e por outro a proba de visu consistente na identificación de exemplares de rochas, minerais, fósiles, formas de relevo,..... Durante a tarde tivo lugar o exame teórico: 40 preguntas test relacionadas con diversos aspectos da Xeoloxía.

O IES Ribeira do Louro presentouse por primeira vez cun grupo voluntario de alumnos/as (en total 13) de 4º ESO e 1º BAC, que realizaron a parte práctica divididos en tres grupos e a teórica individualmente.

E obtivemos o premio ao Mellor Grupo  formado por: Laura Soliño, Daniel Represas, Cristian Martínez e Sergio Lorenzo, alumnos de 1º de Bac.

Parabéns rapaces !!!!!!!!!!

 

 

Premio Nacional Fundación GSD de Innovación Educativa

 
2º Premio da Modalidade II
Proxectos educativos desenvolvidos por equipas integradas por persoal docmente e non docente que amplíen ou complementen obsetivos recollidos no Proxecto Educativo do Centro (PEC).
 
Centros participantes: 
  •   IES Ribeira do Louro (O Porriño) - Dona Olga Lalín García
  •   IES As Barxas (Moaña) - Don Seso Durán Graña
  •   CEP Santa Mariña (Redondela) - Dona Beatriz López Pires
  •   Vínculo Centro de Atención Temprana (Moaña) - Dona Esther Medraño González
"O xurado quere destacar a sensibilidade coa que se afronta a educación do alumnado con autismo neste proxecto, coa elaboración dun material propio e a implicación das familias, persoal do centro e outros profesionais. Un proxecto que se ven realizando dende 2012, estando moi ben referenciado e difundido na rede.
O xurado desexa felicitar a aquelas persoas  que, sin citar específicamente, posibilitaron que o proxecto sexa unha realidade."

POR QUE NON EN GALEGO?, POR MANUEL NÚÑEZ SINGALA

Por que non en galego?, unha moi necesaria reflexión sobre os nosos usos lingüísticos:

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut