Con data de 22/02/2024 publicouse no perfil do contratante da Plataforma de Contratos de Galicia (www.contratosdegalicia.gal) a licitación para a “Contratación da concesión dos servizos das cafeterías de 88 centros de ensino público da provincia de Pontevedra, dividido en 88 lotes, durante os cursos 2024/2025 e 2025/2026 mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria”.
No perfil do contratante atópase toda a información e a documentación para poder presentarse á licitación a través do SILEX (http://www.conselleriadefacenda.es/silex).
O prazo para a presentación de ofertas remata o 20/03/2024 ás 14:00 h.
O inicio do contrato está previsto para o 01/09/2024, e durará 2 cursos académicos 2024/2025 e 2025/2026, coa posibilidade de prórroga por outros 2 cursos académicos máis.
As condicións da licitación atópanse recollidas nos pregos da licitación (Prego de cláusulas administrativas e Prego de Prescripcións técnicas) do arquivo adxunto (en formato .zip para a descarga) desta publicación, xunto cos anexos da licitación.