Skip to Content

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN CORRIXIDO - CURSO 2024/25

Debido a problemas de coordinación cos centros de educación primaria houbo que modificar o calendario de matriculación publicado anteriormente.

Este é o calendario de matriculación DEFINITIVO para o curso 2024/2025:

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN CURSO 2024/2025

24 XUÑO - Matrícula 2º Bacharelato

25 XUÑO - Matrícula 1º Bacharelato

26 XUÑO - Matrícula 4º ESO

27 XUÑO - Matrícula 3º ESO

28 XUÑO e 1 XULLO - Matrícula 2º ESO

2 e 3 XULLO - Matrícula 1º ESO

4 e 5 XULLO Matrícula 2º Ciclos FP

DATAS DE ADMISIÓN PARA 1º CICLOS FP

Datas do período ordinario de admisión de FP.

Presentación solicitudes de admisión do 24 de xuño ao 4 de xullo ás 13:00 horasA solicitude debe cubrirse na seguinte web:

https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

Ao terminar o proceso, o programa indicará se é necesario presentar documentación en papel. Nese caso poderán presentar a documentación no noso centro ou en calquera outro centro que imparta ciclos de FP.

Poden consultar o resto de datas do proceso de admisión a 1º de FP nos arquivos adxuntos.

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO 2023-24

Hoxe, 7 de xuño, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na aplicación PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu), no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Achégase unha folla informativa coas novidades e características máis relevantes desta convocatoria e con consellos prácticos sobre o proceso de solicitudes.  As condicións para presentarse son ter unha nota media na ESO igual ou superior a 9 puntos.

A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación PremiosEdu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos. 

Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.  

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR DO CURSO 2024-25

BENEFICIARIOS/AS: alumnado da ESO

CUANTÍA:

  • 75€ se a contía da renda per cápita é menor ou igual a 6.000€ ou alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade maior ou igual ao 65%, con independencia da renda.
  • 60€ se a cuantía da renda per cápita é superior a 6.000€ e inferior ou igual a 10.000€

SOLICITUDE

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024
  • DOCUMENTACIÓN: solicitude ED330B e copia do libro de familia. En caso de divorcio tamén hai que entregar copia da sentencia ou convenio regulador.

FORMA DE PRESENTACIÓN

  • SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA
  • PRESENCIAL NOS CENTROS EDUCATIVOS

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS: 12 de xullo

LISTAXE DEFINITIVA: 26 de xullo. A partir dese día poderanse recoller os vales de material.

Incluímos como arquivos adxuntos a solicitude ED330B e a convocatoria completa publicada no DOG.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut