Skip to Content

Blogue

DA CANDELORIA AO SAN VALENTÍN: A QUINCENA DO AMOR

O 2 de febreiro é o día que en os paxariños casan, segundo a tradición galega. É, en certo modo, o noso particular día do amor. Por iso, no instituto decidimos declarar a quincena do amor entre o 2 de febreiro, o Día da Candeloría, e o 14, o Día de San Valentín. Con ese motivo, espuxemos no vestíbulo libros e poemas de temática amorosa. Ademais, deixamos a disposición da comunidade educativa unha cestiña con poemas envoltos que podes levar e mesmo regalarlle a alguén.

CINE QUE METE MEDO - SAMAIN 2023

PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2023

Adiantámosvos o programa de actividades co que celebraremos, no noso centro, o día das letras neste 2023, adicado ao persoeiro Francisco Fernámndez del Riego. Obradoiros de escrita, Olimpíadas Rurais, presentación do proxecto turístico elaborado no centro sobre lugares significativos da contorna muxiá (códigos QR), Recitados poéticos de alumnado e profesorado, e tamén como actuación principal da mañá teremos connósco a "Suso Quinito e Javi Sampedro" que nos deleitarán cun "Paseo cantado pola poesía galega". Esta última actuación está enmarcada dentro do ciclo de Musicas Transversais MÚSICA en MUXICAS, promovido polo Departamento de Dinamización Linguística.

FLOR OU TOXO - 14 FEB

E chegou o 14 de febreiro,  día dos namorados, ou do amor, ou de todo o referente o amor...O caso é que desde o Departamento de Dinamización Linguística artellouse, durante as semanas previas á data,  unha fermosa actividade para axudar económicamente a recaudar fondos para a excursión de fin de curso de 4º da ESO. A actividade consistía en que o alumnado e profesorado do centro previa "consulta e petición", poideran enviar cartas de "amor-amizade" a outra/s persoas do centro acompañadas dunha "flor" ou un "toxo". As cartes e flores ou toxos enviados tiñan un costo de 1 euro. Por outra banda e coa axuda de Verónica Otero, Xefa do Departamento de Bioloxía, o alumnado de 4º da ESO creou e decorou galletas específicas con formas variadas de corazóns decorados para vender na Feira de Muxía ese mesmo día. Agradecer a todos os que participaron, a todos os que axudaron a crear as flores de papel (sobre todo a Maica Gesteiro, profesora de EF e ao alumnado de 3º da ESO) e os que foron a apañar os toxos...; e ços máis importantes...a todos os que enviaron cartas, flores e toxos...

CHARLA "AESLEME" (ASOCIACIÓN PARA O ESTUDO DA LESIÓN MEDULAR ESPINAL).PREVENCIÓN

Hoxe contamos no centro cunha interesantísima charla, para o noso alumnado de 3º e 4º da ESO, impartida por Daniel Prada, membro da Asociación "AESLEME" (Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espinal), para a prevención das lesións nos accidentes de tráfico causados por diversos factores. Explicación pormenorizada e cercana, directa, respondendo as dúbidas e cuestións do noso alumnado.

Unha vez rematadas as charlas tivo a ben ser entrevistado por Dario Canosa Barrientos alumno de 1º a ESO na Radio Buserana.

LINK Á ENTREVISTA

 

RADIO BUSERANA - AVANCE

LETRAS GALEGAS 2021 EXPOSICIÓN - CONCURSO FANZINES - XINCANA LITERARIA

O equipo de Dinamización Lingüistica en colaboración con varios departamentos organizamos varias actividades para a conmemoración do Día das Letras Galegas que este ano está adicado á poetísa "Xela Arias". Organizamos dous paneis expositivos onde aparecen as fotografías de tódol@s autor@s homenaxead@s ata o momento actual acompañados do seu nome completo e o ano no que foron conmemorados. Elaboramos outro panel específico da traxectoria de Xela Arias como escritora de maneira cronolóxica, expoñendo varias publicacións e poemas dela. Nas semanas previas organizamos un concurso aberto de elaboración de "fanzines" e unha Xincana literaria sobre a súa figura que se desenvolvería nas datas ó regreso do festivo e que remataría cun recitado poético. Foi unha actividade moi gratificante xa que participou un gran número de alumnado onde este pudo comprobar, como traballar e aprender dunha maneira alternativa e divertida e que esta non está reñida co lúdico e co divertimento. Deixámosvos unhas imaxes do evento e uns videos do recitado.

PANEIS

HOMENAXEADOS NAS LETRAS GALEGAS

PANEL ADICADO A XELA ARIAS

MOSTRARIO DE PUBLICACIÓNS XELA ARIAS E GAÑADOR@S CONCURSO DE FANZINES

PREMIADOS NO CONCURSO DE FANZINES E PARTICIPANTES NA XINCANA LITERARIA

PREMIOS FANZINE

1º PREMIO: Irea Vilela Garpe (1º ESO)

2º PREMIO: Xeila Castro Lago e Candela Pérez Louro (1º ESO)

3º PREMIO: Sofía Valiña Rama (4º ESO)

PARTICIPANTES XINCANA LITERARIA

Irea Vilela Gerpe, Xeila Castro Lago, Candela Pérez Louro, Yasmín Alamancos Graíño, Samuel Eirín Lorenzo, Paula Rey Toba, Zaira Toba Vilela, Yomara Amado Ruíz, Adela Soneira Barrientos, Iria Canosa Santos, Raquel Eirín Eirín, Ana Andrea Lema Soneira, Laura Conde Lavandeira, Paula Noya Soneira, María Tajes Domínguez, Manuel Lema López, Daniel Maneiro Lago, Daniela Sar Antelo, Antía Ronquete Soneira, Claudia Caamaño Vigo, Adriana Martínez Soneira, Xiana Pose González, Saray Riveiro Domínguez, Sofía Valiña Rama, Laura Figueroa Pazos, Brais Rodríguez Lado, Yago Santos Canosa, Iria Picallo Caamaño.

VIDEOS RECITADO POEMAS XELA ARIAS

ZAIRA

ZAIRA 

SAMUEL

SAMUEL    

 ADELA

ADELA

DANIELA

DANIELA

ANTIA

 ANTÍA

CLAUDIA

CLAUDIA

YAGO

YAGO

SOFÍA

SOFÍA

DÍA DE ROSALÍA

 

 

Este 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, conmemoramos o 182 aniversario do nacemento da escritora recordando os versos que lle adicou á Nosa Señora da Barca.

 

 

Visita ás Torres do Allo e a Cabo Vilán

   

   O día 22 de febreiro, os alumnos de 3º e 4º de ESO visitaron as Torres do Allo, un monumento histórico que é considerado o primeiro pazo de Galicia, con máis de cincocentos anos de antigüidade. Percorremos o edificio e tamén a súa contorna, o que nos permitiu coñecer a súa capela, o pombal, os cabazos e un xardín barroco do século XVIII cun xigantesco abeto de Vancouver duns 20 m. 

 

 

 

 

   Tamén participamos nun obradoiro titulado "Escudo de familia", no que os alumnos deseñaron o seu propio escudo familiar buscando os emblemas dos seus apelidos ou inventándoos.

 

 

 

 

 

 

   Para completar a saída, achegámonos tamén ao Cabo Vilán, en Camariñas, posto que nas semanas previas os rapaces estiveran traballando na materia de Ciencias Sociais sobre o faro aquí ubicado e sobre o de Punta Nariga (ao que non puidemos ir). Neste lugar lemos algúns poemas relacionados co mundo dos faros e desfrutamos das súas espléndidas vistas.

 

 

 

Concurso gastronómico de Entroido 2019

 

  Se queres participar neste saboroso concurso confeccionando unha larpeirada típica do Entroido, ten en conta as seguintes bases:

  • O día do festival de Entroido (1 de marzo) terás que traer unha sobremesa elaborada para que o xurado poida degustala e puntuala.
  • O prato ou bandexa irá acompañado dun sobre pechado no que figuren o nome, apelidos e curso do participante, así como a receita redactada en lingua galega (na que deberán aparecer os ingredientes e o modo de preparación). AS SOBREMESAS QUE SE PRESENTEN SEN A RECEITA ESCRITA NON OPTARÁN A PREMIO.
  • As sobremesas deberán presentarse na cafetería a primeira hora da mañá, a ser posible en bandexas ou pratos dun só uso.
  • Os pratos presentados ao concurso serán valorados en función do sabor, a presentación rechamante, o uso de ingredientes orixinais e a dificultade na elaboración. Tamén se terán en conta a redacción e ortografía da receita escrita, así como a presentación do texto.
  • Os alumnos optarán a tres premios:

   - Primeiro: vale desconto de 10 € para a cafetería do centro.

   - Segundo: vale desconto de 7 € para a cafetería.

   - Terceiro: vale desconto de 5 € para a cafetería.

As receitas e fotos das sobremesas gañadoras publicaranse no blog do EDLG.

 

ANÍMATE A PARTICIPAR!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut