Skip to Content

APERTURA PRAZO SOLICITUDE DE BECAS

Abriuse o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2023/24. Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos on-line:

Poderán ser beneficiarios das distintas contías  os/as alumnos/as que no ano académico 23/24 cursen:

      Bacharelato.
      Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
      Formación Profesional de Grao Básico.
      Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior.
      Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
      Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais.
      Ensinanzas deportivas
      Estudos relixiosos superiores

 

PRAZOS:

Do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Para calquera información premer no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

 

Ante calquera dúbida, contactade co Departamento de Orientación do centro (Susana).  

 

DÍA DA POESÍA - CONCERTO DE O RABELO - GALLETÓN (VERSOS EN GALLETA)

Este pasado 21 de Marzo celebramos o día da poesía cun artistazo, "O Rabelo" que repartiu, regueifa, tecno, regueatón, jotas e muiñeiras nun dsepregue punk-tradicional de inmensa personalidade sempre a favor da riqureza e o entendemento na diversidade. É o primeira actuación do Proxecto: MÚSICA EN MUXICAS orquestado polo Departamento de Dinamización Lingüística. Por outra banda; da man de Verónica Otero Domínguez, profesora de Bioloxía, creamos os "Galletóns" (versos en galleta) que recitamos no e papamos no recreo. Versos escollidos de Xela Arias e Olga Novo. Deixámosvos unhas imaxes e uns videos dos eventos, así como tamén a interesantísima entrevista co Rabelo.

 ENTREVISTA Ó RABELO (ACCESO)

OBRADOIRO DE REGUEIFA CON LUPE BLANCO

O pasado 15 de Marzo tivemos a sorte de recibir no noso centro a Lupe Blanco, muller fascinante, coristanquesa, regueifeira que amosou todo o seu saber e o potencial creativo e comunicativo a todo o alumnado de 3º e 4º da ESO nun obradoiro no que ó final remataron rimando e canturexando os seus propios versos.

PROGRAMACIÓN DE ACTOS DO 8M

Presentámosvos o cartaz dos actos de celebración do 8M no  IES Ramón Caamaño. Unha programación chea de actividades para conmemorar un día tan importante; o "día da muller". Día de confraternización entre alumnado e profesorado, educativo e formativo sobre a posición da muller no social facendo fincapé na visibilidade de moitas que foron e son "invisibles", as veces, as máis cercanas a nós.

PUBLICACIÓN LISTAXES ADMITIDOS - CURSO 2023/2024

Todo o alumnado de 6º de EP dos colexios de Vilarmide e Os Muíños que reservou praza no IES Ramón Caamaño obtivo praza. Dende hoxe 03 de marzo de 2023 están publicadas no taboleiro da conserxería do centro as listaxes do alumnado admitido para cursar 1º ESO o vindeiro curso 2023-24 no IES Ramón Caamaño.

MÚSICA EN MUXICAS - PROGRAMACIÓN MUSICAL TRANSVERSAL

M Ú S I A   E N   M U X I C S

Desde o IES Ramón Caamaño estamos moi ilusionadas coa proposta que veñen de artellar o EDLG, a Biblioteca, AACCEE e os Departamentos de Lingua e Música Intitulada "MÚSICA EN MUXICAS".

Con esta iniciativa, alén de dinamizar a lingua galega, pretendemos amosar desde diferentes perspectivas múltiples valores vehiculados arredor da música, e sempre ligados estes concertos a diferentes conmemoracións: o Día da Poesía, o Día da Saúde Mental, O Día da Arte e o Día das Letras Galegas.

Moi agradecidas ao colectivo de artistas co que contaremos e do que dá boa conta o cartaz!!! Saúde, Lingua e Música!!!

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - #ROSALÍABESTIAL

Este venres 24 de febreiro celebrarámolo día de Rosalía de Castro no noso centro. A data do seu aniversario é como ben sabedes o 23 de Febreiro pero por mor de ter varios actos (outros) axendados tempo atrás fan que teñamos que facelo o 24. Entre os actos teremos unha exposición guiada na biblioteca do centro #Rosalíabestial con todo o alumnado que rotará por grupos ó redor dun cartaz expositivo elaborado por Michel profesor de Língua Galega, artífice do mesmo. Navegaremos polos mares e as terras das diferentes temáticas, que abranguen a obra de Rosalía: sociais, intimistas, feminístas, políticas, culturais e identitarias a través dun "Roteiro" inventado en diversos espazos do centro, onde, acompañando tamén se recitarán os seus poemas. Como parte central dos actos da mañá faremos a "Ofrenda Floral" na que pasearemos a imaxe pintada de Rosalía ata o lugar onde se depositará unha Rosa e un Toxo como ofrenda e leranse  pequenos textos do que "significa Rosalía" e uns versos a modo de cático-coro-público. Como colofón final teremos un recital poético, "De Rosalía a Rosalía" a cargo doutra Rosalía, neste caso Rosalía Fernández Rial, poetísa Muxíá figura clave na poesía galega actual, inmensa intérprete e persoa. Nos actos colaboran e interpretan alumnado de 3º e 4º da ESO.

ROSALÍA DE CASTRO EXPOSICIÓN ANTIETIQUETAS TÍPICAS SOBRE ELA

FLOR OU TOXO - 14 FEB

E chegou o 14 de febreiro,  día dos namorados, ou do amor, ou de todo o referente o amor...O caso é que desde o Departamento de Dinamización Linguística artellouse, durante as semanas previas á data,  unha fermosa actividade para axudar económicamente a recaudar fondos para a excursión de fin de curso de 4º da ESO. A actividade consistía en que o alumnado e profesorado do centro previa "consulta e petición", poideran enviar cartas de "amor-amizade" a outra/s persoas do centro acompañadas dunha "flor" ou un "toxo". As cartes e flores ou toxos enviados tiñan un costo de 1 euro. Por outra banda e coa axuda de Verónica Otero, Xefa do Departamento de Bioloxía, o alumnado de 4º da ESO creou e decorou galletas específicas con formas variadas de corazóns decorados para vender na Feira de Muxía ese mesmo día. Agradecer a todos os que participaron, a todos os que axudaron a crear as flores de papel (sobre todo a Maica Gesteiro, profesora de EF e ao alumnado de 3º da ESO) e os que foron a apañar os toxos...; e ços máis importantes...a todos os que enviaron cartas, flores e toxos...

FESTIVAL DE NADAL 22-23

Fermoso video-resumo do Festival de Nadal realizado por Silviana Cobas Iglésias Non están todas as actividades e persoas pero si unha boa mostra. Grazas a todo o alumnado e profesrado que participou e que estivo ao tanto disfrutando todxs deste evento. A Michel por argallar e coordinar e presentar todo o evento así como os previos do día; pola coordinación dos traballos artísticos de Reinterpretación do Nadal en tódolos cursos; por crear varias pezas para a ocasión, o Sorteo de Lotería dos nenxs de San Ildefonso, o Poema paródico, o concurso de Friki-Mascotas (co alumnado de 4º), o Brinde (co alumnado de 4º) e a Panxoliña de Nadal (co alumnado de 3º); a Cristina  e o alumnado de 1º e 4º  por esas interpretacións estupendas  das Fábulas de Esopo e tamén co alumnado de 3º de oratoria pola magnífica posta en escea do Debate sobre o "rural e o urbano", tamén a Cristina pola organización dos visionados das Curtas de Nadal na Biblioteca do Centro; a Majo e Yolanda co alumnado de 2º por esa divertidísima posta en escea e actualización do conto de Brancaneves; a Brais por deleitarnos coa súa música e voz; a Verónica e a todo o profesorado que axudou a desenvolver e poñer o punto doce co obradoiro de galletas...ao equipo directivo polos Pinchos de Nadal e por estar ahí sempre...a todxs e sobre todo ao alumnado por facelo posible.

Distribuir contido


by Dr. Radut