Skip to Content

EDUCANDO EN IGUALDADE

AdxuntoTamaño
Ed_Igualdade_IES_Ramon_Caamano.jpg832.49 KB

ATENCIÓN AO PÚBLICO DURANTE O MES DE AGOSTO

As instalacións do centro permanecerán pechadas durante o mes de agosto. 

Para facer calquera consulta ou solicitude chamar ao teléfono 881880775 ou mandar un correo a ies.ramon.caamano@edu.xunta.gal

RECORTES DE PROFESORADO NO IES RAMÓN CAAMAÑO

O IES Ramón Caamaño informa que a Consellería recortou o número de profesorado asignado ao centro. No vindeiro curso 22-23 pasaremos de 17 a 15 profesores. 

O equipo directivo está a traballar para intentar recuperar estas prazas. De non conseguilo, comezaremos o novo curso sen poder cumprir coa oferta educativa que tiñamos prevista e organizada ao longo do mes de xullo. 

As familias máis afectadas xa foron informadas telefónicamente.

En setembro confirmarémosvos da situación definitiva. 

Un saúdo e bo verán. 

LISTAXE DEFINITIVA AXUDA LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

 

O LISTADO DEFINITIVO DA ADXUDICACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 22-23 XA ESTÁ COLGADO NO TABOLEIRO DE CONSERXERÍA. PODEDES CONSULTALO ACHEGÁNDOVOS AO CENTRO ATA O 29 DE XULLO E DURANTE O MES DE SETEMBRO.

IMPORTANTE: NON SE FACILITARÁ ESTA INFORMACIÓN POR TELÉFONO. 

EN 1º E 3º DA ESO ALGÚN DOS LIBROS TERÁ QUE SER MARCADO POLO PROFESOR/A CORRESPONDENTE EN SETEMBRO. INFORMAREMOS AO ALUMNADO AFECTADO NA PRIMEIRA SEMANA DE CLASE.  OS QUE NON TEÑAN DEREITO A LIBROS DEBERÁN MERCALOS TODOS. 

RECOMENDAMOS QUE O  ALUMNADO DE 2º E 4ºESO QUE NON TEN DEREITO A LIBROS, AGARDE AO REPARTO DO FONDO DO CENTRO PARA SABER SE TEN QUE MERCAR ALGÚN EXEMPLAR. 

PODEDES CONSULTAR A LISTAXE DOS LIBROS DE TEXTO POR CURSOS NA SEGUINTE LIGAZÓN

AdxuntoTamaño
LIBROS CURSO 22-23 ISBN (2).pdf43 KB

AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

A listaxe provisional de admitidos no fondo de libros para o vindeiro curso 2022-2023 pódese consultar no taboleiro do centro. Igualmente poderedes chamar ao centro (881880775) e preguntar se os vosos fillos/as teñen dereito á axuda.  O prazo de reclamación remata este venres 15 de  xullo. 

A listaxe definitiva publicarase o 19 de xullo. A partir dese día, 19 de xullo, estarán dispoñibles tamén na secretaría do centro os cheques de 50€ para material escolar do alumnado admitido nas axudas. Poderedes pasar a recollelos de 9:00 a 13:00 horas ata o 30 de xullo. 

 

ENTREGA DE NOTAS E MATRÍCULA 2022-2023

A ENTREGA DE NOTAS do curso 2021-2022 terá lugar o vindeiro LUNS 27 DE XUÑO ás 13.00 horas (Importante: non haberá servizo de transporte escolar). 

O período de MATRÍCULA para o vindeiro curso 2022-2023 comezará o 28 DE XUÑO e rematará o 8 DE XULLO, en horario de 9.00 a 13.00 horas. 

 A documentación necesaria para matricularse nos diferentes cursos será a seguinte: 

DOCUMENTACIÓN

AdxuntoTamaño
DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA 22-23.odt7.63 KB

Convocatoria de prazas en residencias de estudantes

Saíu publicada a orde pola que se convocan as prazas para as residencias de estudantes. (Ligazón).

O prazo de presentación de solicitudes será:

- Para os alumnos de bacharelato exténdese ata o 11 de xullo.

- Para os alumnos de formación profesional ata o 1 de agosto.

Se o precisades, podedes consultar a páxina do Centro Residencial de A Coruña.

FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

O 18 de maio saíu publicada no DOG a orde do 29 de abril de 2022, para participar na solicitude de libros de texto e axudas para material no vindeiro curso 2022-2023.

Todo o alumnado que vaia facer algún curso da ESO pode  presentar a solicitude no propio centro educativo onde vai cursar os estudos ou ben pola sede electrónica da Xunta de Galicia. 

IMPORTANTE: O prazo de solicitudes comeza o día 19 de maio e remata o 22 de xuño de 2022. O alumnado que non presente  a solicitude no prazo establecido será excluído do préstamo de libros. 

Nos seguintes enlaces atoparedes toda a información necesaria: 

INFORMACIÓN FONDO LIBROS

Anexo I e II

 Páxina da Xunta de Galicia 

Solicitude pola Sede Electrónica 

 

AdxuntoTamaño
CIRCULAR FONDO LIBROS (1).pdf217.88 KB
Anexos fondo libros 2022-23.pdf278.75 KB

FESTIVAL LETRAS GALEGAS IES RAMÓN CAAMAÑO 2022

Mañá venres 13 de maio, a partires das 11:20 celebraremos as Letras Galegas 2022 adicadas a Florencio Delgado Gurriarán no Salón do  voluntariado de Muxía con actuacións de teatro e proxección de creacións audivisuais por parte do alumnado. Organizan Departamento de Dinamización Lingüística e Cultura Clásica, e colabora o Departamento de artes Plasticas e AAEECC. A disfrutar!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut