Skip to Content

MATRÍCULA FP BÁSICA DUAL INTENSIVA EN COCIÑA E RESTAURACIÓN

O IES Ramón Caamaño oferta 18 prazas para cursar FP Básica Dual Intensiva en Cociña e Restauración. Esta formación será impartida no centro e nas empresas colaboradoras coas que se asinará un convenio para a formación práctica REMUNERADA.

O prazo de presentación de solicitudes é do 24 de xuño ao 4 de xullo. A solicitude farase no centro en horario de 9.30 a 13:30. Podedes descargar a solicitude NESTE ENLACE

EMPRESAS COLABORADORAS: 

EMPRESA LOCALIDADE

Paradores de Turismo de España 

As Baleas 

A Marina

Hotel Insua 

O Semáforo

A Casa da Canle

Casa Sabina

Restaurante Edreira 

Restaurante Mar de Laxe

A Marina

Taberna do Bico 

La Tavernetta da Ponte 

Muxía

Muxía

Muxía- Cee – Fisterra

Cee

 Fisterra

Vimianzo

Vimianzo

Vimianzo

Laxe

Camariñas

Camariñas

Ponte do Porto

 

Para resolver calquera dúbida poden chamar ao centro ao número 881880775 ou mandar un correo electrónico a ies.ramon.caamano@edu.xunta.gal.

Atoparedes máis información sobre o ciclo nos seguintes ENLACES:

INFORMACIÓN XERAL:  https://www.edu.xunta.gal/fp/folletos/web/ciclo/BHOT11

PRAZOS DE ADMISIÓN: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10721

 RESUMO INSTRUCCIÓNS: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10780

AdxuntoTamaño
Faldon Voz Galicia.jpg1.63 MB
SOLICITUDE FPB DUAL INTENSIVA.pdf274.33 KB

MATRÍCULA ESO - CURSO 2024/25

O prazo de matrícula para o alumnado da ESO comezará o vindeiro mércores 26 de xuño e rematará o venres 5 de xullo. O horario de atención ao público será de 9.30 a 13:30 horas.

Todo o alumnado (os que pasan de curso e tamén os que repiten) deberán formalizar a matrícula na secretaría do centro. 

A documentación necesaria estará á vosa disposición nas oficinas e tamén nos seguintes arquivos adxuntos: 

 

AdxuntoTamaño
IMPRESO MATRÍCULA 1º ESO.pdf113.04 KB
IMPRESO MATRÍCULA 2º ESO.pdf109.27 KB
IMPRESO MATRÍCULA 3º ESO.pdf132.05 KB
AUTORIZACIÓN TRANSPORTE MATRÍCULA.odt127.42 KB
COMUNICADO PROHIBICIÓN MEDICACIÓN.odt124.91 KB
DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA 24-25.odt7.51 KB
PAGO SEGURO ESCOLAR.odt97.27 KB
REXISTRO PROBLEMAS SAÚDE ALUMNADO.odt126.85 KB
SOLICITUDE DATOS TELEMÁTICOS.docx133.22 KB
SOLICITUDE PARADA TRANSPORTE ESCOLAR.docx90.61 KB
Autorización saídas.pdf79.21 KB
Autorización imaxe.pdf251.12 KB
MATRÍCULA 4º.pdf96.25 KB

AXUDA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/25

O mércores 22 de maio abre o prazo para que as familias poidades realizar a solicitude do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar correspondente ao vindeiro curso 2024-2025.

A solicitude poderá presentarse no centro ou a traves da sede electrónica da Xunta de Galicia no  seguinte enlace: ED330B - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. - Sede Electrónica - Xunta de Galicia

A data límite de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2024. 

Tedes acceso á información e documentación necesaria para realizar a solicitude nos seguintes documentos adxuntos: 

AdxuntoTamaño
CIRCULAR FONDO LIBROS.docx300.59 KB
DOGA FONDO LIBROS.pdf1.3 MB
SOLICITUDE ANEXO I e II.pdf1.88 MB

BECAS CURSO 2024/25

BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25. 

Acaba de saír a convocatoria xeral para solicitar bolsas de estudo destinadas ao alumnado que cursará bacharelato ou formación profesional (ciclos básicos, medios, superiores) o vindeiro curso 2024/25. 

O prazo de solicitude abrangue do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024. Tedes a información completa no seguinte arquivo: BECAS 2024/25

Se tedes algunha dúbida, contactade co departamento de orientación do centro. 

 

 

AdxuntoTamaño
INFORMACION BOLSAS DE ESTUDO MEC 24.pdf72.18 KB

CINE QUE METE MEDO - SAMAIN 2023

PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2023

Adiantámosvos o programa de actividades co que celebraremos, no noso centro, o día das letras neste 2023, adicado ao persoeiro Francisco Fernámndez del Riego. Obradoiros de escrita, Olimpíadas Rurais, presentación do proxecto turístico elaborado no centro sobre lugares significativos da contorna muxiá (códigos QR), Recitados poéticos de alumnado e profesorado, e tamén como actuación principal da mañá teremos connósco a "Suso Quinito e Javi Sampedro" que nos deleitarán cun "Paseo cantado pola poesía galega". Esta última actuación está enmarcada dentro do ciclo de Musicas Transversais MÚSICA en MUXICAS, promovido polo Departamento de Dinamización Linguística.

OLIMPÍADAS DE ORTOGRAFÍA

AÍ VÉN O MAIO DE LETRAS CUBERTO

Outras dinámicas para traballar as letras no mes das letras.

APERTURA PRAZO SOLICITUDE DE BECAS

Abriuse o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2023/24. Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos on-line:

Poderán ser beneficiarios das distintas contías  os/as alumnos/as que no ano académico 23/24 cursen:

      Bacharelato.
      Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
      Formación Profesional de Grao Básico.
      Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior.
      Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
      Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais.
      Ensinanzas deportivas
      Estudos relixiosos superiores

 

PRAZOS:

Do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Para calquera información premer no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

 

Ante calquera dúbida, contactade co Departamento de Orientación do centro (Susana).  

 

DÍA DA POESÍA - CONCERTO DE O RABELO - GALLETÓN (VERSOS EN GALLETA)

Este pasado 21 de Marzo celebramos o día da poesía cun artistazo, "O Rabelo" que repartiu, regueifa, tecno, regueatón, jotas e muiñeiras nun dsepregue punk-tradicional de inmensa personalidade sempre a favor da riqureza e o entendemento na diversidade. É o primeira actuación do Proxecto: MÚSICA EN MUXICAS orquestado polo Departamento de Dinamización Lingüística. Por outra banda; da man de Verónica Otero Domínguez, profesora de Bioloxía, creamos os "Galletóns" (versos en galleta) que recitamos no e papamos no recreo. Versos escollidos de Xela Arias e Olga Novo. Deixámosvos unhas imaxes e uns videos dos eventos, así como tamén a interesantísima entrevista co Rabelo.

 ENTREVISTA Ó RABELO (ACCESO)

Distribuir contido


by Dr. Radut