Varios
BENVIDA
Enviado por anónimo o Mar, 23/10/2018 - 11:58
Benvid@s á web do IES de Quiroga |
|
|
Ligazóns aos blogs do centro:
|
|
Ligazón á Radio na Biblio: |
MATERIAL QUÉROTE +
Enviado por anónimo o Ven, 29/06/2018 - 13:21Mira aquí este vídeo da actividade.
ÚLTIMA HORA
Enviado por anónimo o Sáb, 19/05/2018 - 23:04Sara Casanova, alumna de 2º de BAC, resultou gañadora da II edición do Concurso de Videopoemas da Casa Museo Manuel-María, cunha recreación audiovisual de "Negra sombra".
No enlace superior podedes ver os dous vídeos gañadores.
Parabéns!
O Eco do Val 2017-2018. Novas na rede (Escola de Prensa)
Enviado por anónimo o Xov, 25/01/2018 - 11:01Entrevista a Xurxo Souto: "Somos un pobo de artistas", por Ariadna del Pont, Mario González e Carlos González (4º ESO). | |
Encontro Al sur de la alameda, por Emily González Gallego (1º BAC). | |
Unha viaxe á Quiroga de metade do século XX, por Carlos J. González Gómez (4º ESO). | |
O que hai que saber sobre os incendios, Débora Fernández (4º ESO) e Paula González (1º BAC). | |
Unha viaxe pola ciencia, Lola Rodríguez Arza (4º ESO). | |
Cal ti es, así me dis, Emily González Gallego (1º BAC). | |
Arte na Coruña, Manuel Alba Sánchez (1º BAC). | |
Saída a Sotavento, Saúl Fernández Rodríguez (4º ESO). | |
Unha cor para a igualdade, Paula Victoria Quijada Rodríguez (1º BAC). | |
Sad Brown Gils, alumnado de 3º da ESO e Nelson Avilez. | |
Entrevista a Manel Cráneo: "Non é necesario ser un gran debuxante para ser un bo autor de cómic", por Ariadna del Pont, Mario González e Carlos González (4º da ESO). | |
A tecnoloxía do lume e da auga, por Alberto Losada e Paula González (1º BAC). |
O ECO DO VAL (edición maio 2017) en versión dixital
O xornal que elaborou o alumnado de 3º e 4º da ESO o curso pasado, dentro da convocatoria Escola de Prensa do diario El Progreso, xa pode consultarse na rede. Aquí tedes o enlace.
PUBLICACIÓN EN COLABORACIÓN COA CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN
Enviado por anónimo o Ven, 22/12/2017 - 13:12
O 21 de decembro presentouse no salón de actos da Real Academia Galega o caderno que recolle a versión ilustrada do conto "Las medias rojas" de Emilia Pardo Bazán. Os debuxos que acompañan o texto foron realizados por alumnado deste centro educativo ao longo do primeiro trimestre do curso 2016-2017. Esta actividade, promovida dende a Biblioteca Escolar, materializouse grazas á colaboración do Departamento de Lingua Castelá e do Departamento de Educación Plástica e Visual, e á creatividade dos rapaces e rapazas que convertiron en imaxes o texto desta autora. Ademais de todas as persoas que participaron activamente no desenvolvemento desta proposta, onte estiveron presentes no acto de presentación Marilar Aleixandre e Xulia Santiso, en representación da RAG e a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, respectivamente, e unha boa parte do alumnado de BAC do IES de Quiroga. Parabéns aos autores e autora das ilustracións finalmente seleccionadas (Aarón Esteves, Paula González, Luis Emilio Núñez, Mario Quiroga e Pedro Sánchez) e ao responsable da edición e autor do debuxo da portada, Patxi Jaureguízar. Os medios locais reseñan a presentación na Casa Museo Emilia Pardo Bazán como podedes ver neste enlace. |
|
ÚLTIMA HORA!! Tamén saímos no Telexornal noite da Televisión de Galicia do luns 8 de xaneiro!! Velaquí tedes o vídeo da nova. Se non tedes un exemplar do caderno coa versión ilustrada de Las medias rojas (é unha edición limitada), podedes acceder á nosa publicación na rede, neste enlace.
Cuestionario lingüístico (profesorado)
Enviado por anónimo o Ven, 27/01/2017 - 13:22Cubre o cuestionario e dalle a Enviar ao rematar.
Cuestionario lingüístico (alumnado)
Enviado por anónimo o Mér, 25/01/2017 - 12:59Cubre o cuestionario e dalle a Enviar ao rematar.
Adxudicación do servizo de cafetería do IES de Quiroga.
Enviado por anónimo o Mér, 21/09/2016 - 21:51Seguindo a instrución 4/2016 do 30 de maio de 2016, para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros docentes non universitarios dependentes da Consellería, sácase a concurso o servizo de cafetería no IES de Quiroga coas seguintes INSTRUCIÓNS:
- As persoas interesadas en xestionar o servizo de cafetería no IES de Quiroga recollerán, na conserxería do centro, o documento titulado "CONDICIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA. CURSO 2016-2017". Este documento recolle as condicións e requisitos nos que se deberá desenvolver o servizo de cafetería do centro.
- Os candidatos a xestionar este servizo farán proposta por escrito axustada ao establecido no artigo 6 do documento mencionado. Esta proposta entregarase, no prazo establecido, na Secretaría do centro.
DATAS:
INICIO DA PUBLICACIÓN DO CONCURSO NO CENTRO: xoves 22 de setembro
PRESENTACIÓN DE PRICAS: dende o venres 23 de setembro ata o xoves 6 de outubro
PUBLICACIÓN DA ADXUDICACIÓN: venres 7 de outubro
POSTA EN MARCHA DO SERVIZO: o día 13 de outubro
Gravacións dos Sonetos ao Val de Quiroga
Enviado por anónimo o Mér, 13/04/2016 - 18:02
Estas gravacións foron feitas entre o 4 e o 11 de abril de 2016 por alumnos, profesores e persoal non docente do IES de Quiroga.
Como detalle especial, e aproveitando a súa visita ó centro, Xosé Estévez, autor do prólogo do libro, gravou o derradeiro deles.
Grazas a todos/as pola vosa colaboración!
1 - Quiroga fáloche a ti para preguntar |
2 - Púcaro de mel, cunca de pureza (Lucía Visuña) |
|
3 - Tribo de meu, fermosa e silandeira (Miguel Delpont) |
4 - Terra de noso, carnal e apaixonada |
|
5 - A miña avoa Consuelo, A Quiroguesa |
6 - Escuras serras da Moá e do Caurel (Carlos J. González) |
|
7 - Ribas do Sil, lembranzas dun mosteiro |
8 - Vila de San Martiño, íntima e breve (Josefa López) |
|
9 - Tabernas do Tiberio e do Peniche (Sabela García) |
10 - Vello Sil das canciós e as aureanas (Suso Manteiga) |
|
11 - Meu río Quiroga, pequeno e algareiro (Saray Núñez) |
12 - ¡Ouh rumoroso Lor das augas claras (María Xosé López) |
|
13 - Viño quirogués, gustoso de beber (José Espinosa) |
14 - Noutro tempo pasado e lexendario (Eva Teijeiro) |
|
15 - Aló, no Hospital, o castro de Ar Maior (Andrea Pérez) |
16 - Cando o vrao é xa froito maduro (Melisa Pérez) |
|
17 - Torre Penela, Quirogas e Lamelas (Emily González) |
18 - O Sil está, en Sequeiros, encorado (Adrián Álvarez) |
|
19 - ¿Qué foi das vellas cazatas tan xentís (Álex Ferreiro) |
20 - Torre ruinosa, triste, silandeira (Paula González) |
|
21 - Pequeno e vello, ti, Montefurado (Adriana Pérez) |
22 - Fosco Piapáxaro que ollas montes sós (Alicia Chao) |
|
23 - Na compaña de Saleta eu descubrín (Mario González) |
24 - ¡Ouh sombrío Hospital de fértil chan (Julia Álvarez) |
|
25 - Castiñeiros do Val, meus castiñeiros (Marta Rellán) |
26 - Limoeiro florido e sorprendente (Marta Campos) |
|
27 - Por dentro vas calada e consumida (Beatriz Veiga) |
28 - Antergas vides chantadas no torrón (César Durán) |
|
29 - Quiroga, miña queiruga montesía |
30 - Pídoche a ti, Quiroga, os teus outonos |