Taboleiro

Carlos Casares. Letras galegas 2017

 

No corredor podedes ver unha exposición moi ilustrativa sobre a vida e obra de Carlos Casares, pero tamén os alumnos/as de 1º da ESO coa axuda do departamento de galego fixeron a súa propia exposición, elaborando carteis sobre a súa figura.Preme aquí para velos.

Correlingua 2017. Orgullosos do noso traballo.

O 2 de maio comezou o Correlingua 2017 en Monforte de Lemos e alí estivemos un ano máis nesta carreira pola defensa da nosa lingua. Os alumnos/as de 3º da ESO coa axuda da súa profesora de Galego presentáronse ao concurso do manifesto e quedaron nas posicións finalistas (preme aquí  para velo). Tamén o alumnado do equipo de dinamización lingüística presentou o video Retranqueiras a concurso. Non resultamos gañadores pero debemos estar orgullosos do noso traballo. Outro ano será, non desistiremos! Se queres ver o vídeo preme aquí. 

   

Día de Rosalía. I concurso de marcapáxinas.

Dende dinamización lingüística quixemos homenaxear a nosa querida Rosalía repartindo entre toda a comunidade educativa un marcapáxinas inspirado na súa figura. A gañadora do concurso foi a alumna de 2º da ESO Enma Casanova Martínez.  
 

Compadres, comadres, o entroido xa está aquí...

Nestes días de festa, animádevos a descubrir os marabillosos entroidos da nosa contorna. Preto de nós temos o entroido de Salcedo (Pobra de Brollón) co oso, o criado, a madama e o danzante. Un chisco máis aló atopamos en Santiago de Arriba (Chantada) o vistoso volante e impactante peliqueiro ou maragato e non moito máis lonxe, na terra veciña ourensá multitude de entroidos tradicionais cos seus folións particulares que fan de cadanseu algo único.Dende dinamización adquirimos dous exemplares da nova publicación da escola de ensino galego Semente sobre Entruidos e mascaradas na galiza, que xa tedes na biblioteca se queredes coñecer máis o entroido galego (as ilustracións de Oscar Sotelo "Frebas" son moi chulas).

Rosalía, unha muller de altura.

 

 

Estes días foi noticia o feito de que a aeroliña noruega Norwegian, nunha campaña de homenaxe a persoaxes ilustres da historia e da arte españolas, vai fletar un novo avión co nome e imaxe da nosa querida Rosalía (curiosamente esta aeroliña non ten voos regulares con Galicia). Tamén, proximamente, cambiarase o nome do aeroporto compostelán de Lavacolla polo de Rosalía de Castro.

O vindeiro 24 de febreiro é o Día de Rosalía, onde se conmemora o 180 aniversario do seu nacemento. Dende o equipo de dinamización lingüística queremos homenaxear a esta gran muller convocando o I Concurso de marcapáxinas adicado a Rosalía. Pinchade aquí para ter toda a información sobre o concurso. Animádevos a participar!

Correlingua 2017

Xa estamos inscritos un ano máis no Correlingua. O 2 de maio, en Monforte, xuntarémonos toda a mocidade da comarca de Lemos para berrar ben alto o lema

En galego, sen cancelas!

Este ano imos participar nos concursos de video e manifesto. No taboleiro de dinamización tedes as bases dos mesmos. Se queredes máis información sobre o Correlingua pincha aquí.

Mesa solidaria do Nadal

Grazas a tod@s pola vosa colaboración na recollida de alimentos da operación quilo, e non esquezades manter o espírito solidario todo o ano. Neste mes que se conmemora o Día Mundial da Paz, pensade que unha das mellores maneiras de contribuír á mesma é coa solidaridade cara aqueles máis desfavorecidos neste mundo tolo no que vivimos.

Epitafio a Fran Pérez, NARF

O pasado martes pola tarde unha noticia voou coma a pólvora esnaquizando os corazóns de tod@s aqueles amantes da música con raíz e sentimento. O compositor e cantante Narf (palíndromo do seu nome) morrera a causa dun cancro fulminante que aínda así non o apartou dos escenarios ata hai nada. O pasado 23 de outubro foi a súa última actuación musical, co grupo do seu amado Mozambique Timbila Muzimba.

"Esta noite vou voltar a un lugar

onde sendo criança brinquei.

Esta noite vou voltar a un lugar

onde sendo un rapaz eu soñei

á beira dun río,

perto da casa,

a casa de sempre,

co tempo aí enfrente"

(fragmento da "Esta noite" de Narf e Manecas Costa)

Distribuir contido