Correlingua 2017. Orgullosos do noso traballo.
Enviado por anónimo o Mér, 14/06/2017 - 19:13
O 2 de maio comezou o Correlingua 2017 en Monforte de Lemos e alí estivemos un ano máis nesta carreira pola defensa da nosa lingua. Os alumnos/as de 3º da ESO coa axuda da súa profesora de Galego presentáronse ao concurso do manifesto e quedaron nas posicións finalistas (preme aquí para velo). Tamén o alumnado do equipo de dinamización lingüística presentou o video Retranqueiras a concurso. Non resultamos gañadores pero debemos estar orgullosos do noso traballo. Outro ano será, non desistiremos! Se queres ver o vídeo preme aquí.