Francés |
|
|||
A semana do entroido os rapaces de 4º ESO ensinaron os de 1º ESO as partes do corpo e as cores coa profesora Vanessa. Preme aquí para ver máis fotos |
|||
O Departamento de Francés do IES Punta Candieira organizou o II Festival de la Chanson (maio 2016). Máis fotos preme aqui |
|||
O alumnado de francés de 3º e 4º da ESO, así como de 1º e 2º de BAC, desfrutaron dunha sesión de clase diferente os pasados 4 e 6 de maio. Organizado polo Departamento de Francés festexaron o día das "crêpes", "La Chandeleur" en Francia, unha das celebracións máis antigas e populares dese país. Despois de tomar boa nota da receita, os alumnos/as elaboraron as "crêpes", que puideron compartir cos seus compañeiros e profesores.
Mais fotos preme aqui |
|||||||
O pasado xoves 3 de marzo, 52 alumnos de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC de francés, asistiron no colexio Santa Xoana de Lestonnac de Ferrol á obra de teatro "Cyrano de Bergerac", cun 90% en francés e un 10% en castelán. A obra narra a historia de Cyrano de Bergerac, soldado, poeta e namorado da súa curmá Roxane, a quen non ousa a declarar o seu amor debido ó complexo físico que lle supón o tamaño do seu nariz. Así que toma a decisión de axudar a Christian, un belo pero pouco elocuente mozo, a conquistar o corazón de Roxane, escribindo no seu lugar as cartas de amor que el desexaría enviarlle. Os alumnos asistentes puideron descubrir se Roxane rematou finalmente por descubrir o engano ou non... |
|||
DIX BONNES RAISONS!!!
|
|||
O Departamento de Francés do IES Punta Candieira organizou o 1er Festival de la Chanson (marzo 2014)... desexando que isto se convirta nunha tradición. Graciñas Consuelo por facernos o cartel! Agustín e Brais, os encargados de presentar o festival... en francés! Mentres se preparaban os tres grupos que actuaron, escoitamos a Iván e Giovanni. Rapaces, graciñas pola vosa participación!
Actuacións:
Mentres o xurado deliberou, escoitamos Toi plus moi de Grégoire, interpretada polos alumnos de 3º ESO A/B. O xurado encargado de outorgar os premios: Moitas grazas a todos pola vosa colaboración. Vémonos o próximo curso no 2º Festival de la Chanson! |
|||