Complementarias |
Este ano os/as alumnos/as do IES Punta Candieira sumámonos á celebración do Día de Rosalía de Castro con música é moitas actividades que tiveron lugar arredor do día 24 de febreiro, data na que se conmemora ou seu nacemento. ¡¡Agora, mais que nunca, debemos contaxiarnos dá forza e dá viveza dos seus cantares para proxectarlos neste 2021 e recuperar o cotidián cos ollos dá ilusión!! |
|||
O día 6 de marzo o departamento de electricidade organizou unha visita á central hidroeléctrica As Forcadas cos alumnos do ciclo medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas e FPB Electricidade e Electrónica.
|
|||
Hoxe recibimos unha mensaxe da organización do Hiperbaric Challenge, e a partir de mañá estará dispoñible do kit coa carrocería para empezar a construir o noso coche de inercia...xa estamos en marcha...esta mañá organizamos a recollida do material e en canto chegue subiremos fotografías, e así vos manteremos informados, pero lembrade, pedímosvos difusión do noso proxecto...que non se diga que non sabemos apoiar ao noso alumnado!!!!! # lovamosapetar
|
|||
Xa temos campión do torneo de fútbol sala de segundo e terceiro da eso. Na foto están os finalistas que disputaron un gran partido o pasado luns día 3 de febreiro. Tras un partido moi axustado e disputado, gañóu por un gol de diferencia o equipo dos Chekos a Ultimeit Tim. Tras dous meses de partidos con 7 equipos inscritos e máis de 50 alumnos participantes estamos moi contentos cos resultados do torneo. Unha aposta do departamento de Educación Física e da dirección do centro para implementar accións de promoción da actividad física nos recreos. Parabéns a todos os participantes grazas polo voso comportamento e colaboración.
|
|||
A segunga quenda de alumnos visitou a pista de Xeo do Marineda City na Coruña. O xoves 30 de xaneiro acudimos nesta ocasión con 122 alumnos de segundo ciclo da eso e os alumnos de Bacharelato. Outra xornada deportiva e de convivencia que disfrutaron alumnos e profes acompañantes.
|
|||
Acábanos de chegar a confirmación oficial, o noso plan de viabilidade pasa con nota a primeira fase de selección de proxectos...nuns días recibiremos o kit Hiperbárico e empezaremos a construír o noso vehículo de inercia.
|
|||
"HIPERBARIC CHALLENGE. Primeiro dos nosos vídeos de presentación do Discalzos Racing Team", aquí están os alumnos de 2º de CM de Mantemento electromecánico, grazas a todos e, especialmente, ao profesor responsable dos contidos audiovisuais, Juan Díaz (estamos encantados co seu traballo!!!!)". #lovamosapetar
DISCALZOS RACING TEAM #lovamosapetar
1º CM Mantemento electromecánico 1º CM Electricidade
2º CM Mantemento electromecánico
|
|||
XORNADAS DE FABRICACIÓN MECÁNICA 18-19 TERÁN LUGAR NO IES PUNTA CANDIEIRA O 7 E 8 DE XUÑO
|
|||
Mércores 19 de Decembro: Os alumnos de 4º ESO irán a Biblioteca a ver unha palícula dentro do Proxecto LOVA a 5º e 6º hora |
|||
Con motivo da celebración do mes da Ciencia, os alumnos de 1º e 2º BAC participarán nunha charla sobre a crioxénese o próximo venres 30 de Novembro de 11.05 a 13 horas |
|||