Escolares

Actividades pendentes programadas para a próxima semana.

Luns 29 de xaneiro: Os alumnos de 3º e 4º ESO e 1º Ac asistirán á representación dunha obra de teatro en  Ferrol, con saida ás 9.00 horas e regreso ás 12.30 horas.

Martes 30 de xaneiro: Os alumnos de 1º e 2º ESO irán a patinar a Coruña, con saída ás 9.00 horas e regreso ás 14.30 horas.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS XANEIRO 2018

Actividades programadas para este mes de Xaneiro:

 

Martes 9: Os alumnos de 1º e 3º da ESO asistirán a unha charla sobre os incendios impartida pola Garda Civil dentro do Proxecto Voz Natura

Xoves 18 : Os alumnos de 1º e 2º ESO asistirán a unha charla sobre uso de novas tecnoloxías e acoso escolar, respectivamente, dentro do Plan Director

Os alumnos de 3º ESO participarán nun obradoiro sobre igualdade impartido pola psicóloga do Concello

Venres 19: Os alumnos de 3º e 4º ESO participarén nunha charla sobre acoso escolar dentro do Plan Director

 Luns 15 e 22, venres 19 e 26: Os alumnos de 1º BAC e Ciclos de Comercio e Administración e Finanzas participarán nun obradoiro práctico de Economía impartido por profesores da Facultade de Economia da Coruña  

O horario destas actividades está na sala de profesores.

SEMANA DE NADAL 2017

 ACTIVIDADES PROGRAMADAS

Os días 19 e 20 os alumnos da ESO e FP Básica participarán nos obradoiros de AVENTÚRATE NA CREATIVIDADE:

Fotografía

Edición de Televisión e vídeo

Maquillaxe de fantasía

Efectos especiais e producción 

Gravado

 Estas actividades desenvolveranse de 9.00 a 13.50 horas
 
A distribución será a seguinte:

MARTES 19 : 3º e 4º ESO  e 1º e 2º FP Básica

MÉRCORES 20: 1º e 2º ESO
 
O día 21 de Decembro desenvolveranse as seguintes actividades para todo o alumnado e profesorado do Centro:

- Carreira solidaria Saven the Children con saída do centro as 9.00 horas, ata ese momento os alumnos permaneceran na súa aula co profesor que teña clase a primeira hora. Iremos por cada clase pasando lista do alumnado que participa na carreira que irá baixando á entrada.  Pedimos a colaboración do profesorado para o desenvolvemento desta actividade (participación na carreira e donativos)

- O alumnado que non participe na carreira permanecerá no centro nalgunha das seguintes  actividades: Karaoke, Trivial ou Bingo

- Chocolate con churros: As 10 e media  no hall da entrada

- Entrega de notas: Ás 11. 40 horas nas aulas correspondentes de cada grupo

- Fin das actividades: ÁS 12 horas
 
Bo Nadal e a disfrutar das vacacións!!!
 

 

SEMANA STEM 2017

 

ALUMNOS DE 1º ESO DO IES PUNTA CANDIEIRA NA SEMANA STEM 

La imagen puede contener: 18 personas, personas sonriendo, personas de pie e interior

Actividades programadas para este mes de Novembro 2017

 

Luns, 20 de Novembro: Conmemoración do "Día da Infancia", os alumnos de 1º BAC ensinarán xogos tradicionais ós alumnos de Infantil (4-5 anos) do CEIP Nicolás do Río, hora:12.00 a 13.30

 

Martes, 21 Novembro: Charla sobre as alerxias impartida pola pediatra Laura Fernández Pereira  ás 16.30 horas


Mércores, 22 de Novembro: Charla sobre as "Becas FEUGA" para os alumnos de 2º curso dos Ciclos Formativos, hora: 11.00 - 12.00

 

Venres, 24 de Novembro: Conmemoración do " Día contra a violencia de xénero", os alumnos de 3º e 4º ESO, 1º e 2º BAC participarán nunhas charlas impartidas por Inés Fernández (víctima de violencia de xénero) dacordo co horario que figura na sala de profesores

ANDAINA A SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO 2017

O curso está a piques de rematar e, coma tódolos anos, antes de marchar de vacacións teremos a nosa tradicional andaina a Santo André de Teixido.

Este ano será o venres 21 de xuño, con saída do instituto ás 8:20 da mañá. E despois teremos xantar e tempo de lecer. Animádevos!

 

"Ensaio de frauta dos alumnos de 1º de Bacharelato A e B"

 

Os alumnos de 1º de Bacharelato combinan musicalidade e concentración nestas cancións:

"Chancellade" (popular francesa), "Saint Patrick an dro"(anónima irlandesa) e "Fiesta Pagana" (Mago de Oz).

 

 

 

 

VISITA DUNHA MONITORA DA RUTA QUETZAL

O día 5 de xuño deu unhas charlas no noso centro a monitora naronesa da Ruta Quetzal, Cristal Fernández Gómez. Cristal, licenciada en Ciencias Ambientais, leva dous anos vivindo esta experiencia.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/05/07/quadra-alma-ruta/...

A Ruta Quetzal BBVA é unha viaxe de 35 días de cultura e aventuras, que percorre países de Iberoamérica e parte de España cun programa académico que inclúe conferencias, talleres, visitas culturais, camiñatas e actividades deportivas. No ano 2013 participaron 225 rapaces e rapazas de 16 e 17 anos da UE e América, e percorreu Panamá, Bélxica e España.

O director da ruta é o afamado aventureiro Miguel de la Quadra Salcedo. Cristal quere que a xente nova se anime a presentarse á selección para vivir esta extraordinaria aventura, que de seguro quedará como un recordo inesquecible para tod@s @s que a vivan.

Moitas grazas a Cristal pola súa visita e as súas explicacións! A continuación amosámosvos unhas fotos da exposición que nos fixo:

 

VISITA A ORTIGUEIRA DOS ALUMNOS DE 1º DA ESO

Este mércores, 21 de maio, 53 alumn@s de 1º da ESO visitaron o xacemento castrexo de Punta dos Prados ( Espasante), o Muíño de mareas de Senra e o Museo Ortegalia.

 

VIAXE A PARÍS 2014 - 4º ESO

Os alumnos de 4º da ESO realizaron a súa viaxe de estudos a París do 21 ó 28 de abril. Aquí vai un resumo!

Distribuir contido