PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2024-25

Entre os días 01 e 20 de marzo de 2024, ambos inclusive, ábrese o prazo para solicitar praza no IES A Pontepedriña.

1.- A solicitude será única, no modelo anexo II, que pode recollerse na Secretaría do centro, descargarse na aplicación “admisionalumnado” ou cumprimentarse na mesma aplicación. Se quere descargalo PREMA AQUÍ

2.- Tamén pode ser tramitada a través da Sede Electrónica. (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=ED550B ).

3- A explicación do procedemento, así como acceder a aplicación “admisiónalumnado” atópase na seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

4.- Documentación: · Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta. · Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a. · Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo I. . Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

5.- Tamén débese manifestar na solicitude se o/a alumno/a utilizará servizos complementarios (Transporte).

6.- Se o/a alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo tamén deberá indicarse e achegar a documentación que acredite as circunstancias alegadas.

7.- Lexislación que regula a admisión.

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (prema AQUÍ)
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). (prema AQUÍ).
  • Instrucións da Dirección Xeral de centros e Recursos humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-2025. (prema AQUÍ)

8.- De existir empate na puntuación: Resolución do 27 de febreiro de 2024, da dirección xeral de centros e recursos humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de outubro de 2022 (prema AQUÍ).

9.- Listado de vacantes para o curso 2024-25 (prema AQUÍ)

10.- Calendario do procedemento de ADMISIÓN (prema AQUÍ)