PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN AS CUALIFICACIÓNS DE 2º DE BACHARELATO. CURSO 2019-20
Publicación da Circular 2/2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2019/2020.
Reclamacións no centro. Prazos
- Convocatoria ordinaria: 10 e 11 de xuño de 2020 (ata as 14.00 horas)
- Convocatoria extraordinaria: 3 e 4 de setembro de 2020 (ata as 14.00 horas).
Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos
1. Comunicación á comisión de supervisión
- Convocatoria ordinaria: antes das 18.00 horas do 16 de xuño de 2020.
- Convocatoria extraordinaria: antes das 18.00 horas do 7 de setembro de 2020
Para consultar a Circular e a Orde:
Procedemento para presentación das Reclamacións ás cualificacións de 2º de bacharelato.
VÍA TELEMÁTICA:
- Enviaranse as reclamacións a través do correo electrónico do centro: ies.pontepedrina@edu.xunta.gal. Debe constar: nome do/a solicitante (pai/nai/titor legal), DNI, domicilio, nome e apelidos do/a alumno/a, curso no que se atopa matrículado, materia sobre a que solicita reclamación e motivos da mesma.
- A través da páxina web: deben ir o apartado familias/contacto co profesorado. Aquí cubrirán todos os datos solicitados e na caixa de ”mensaxe para o profesor/a” escribir que as materias que se reclaman e os motivos da mesma.
ENTREGA PRESENCIAL NA SECRETARÍA DO IES A PONTEPEDRIÑA:
- Utilizarán o modelo formalizado que podrán recoller no propio centro ou descargar premendo nesta ligazón.
Resolución das reclamacións
- A resolución será por escrito, e será entregado o/a solicitante e/ou a súa familia previa cita ou enviado ao correo electrónico do alumno/a ou da súa familia, se así o solicitan.
- A resposta do departamento será en 24 horas desde a finalización do prazo de reclamación (día 12 de xuño).
Reclamación á Comisión de Supervisión.
- Se tras a recepción da resolución, e non estando dacordo coa mesma, teñen o dereito de presentar Reclamación ante a Comisión de Supervisión.
- Os/as alumnos/as e/ou as súas familias presentarán reclamación en modelo formalizado o día seguinte de recibir a resolución do departamento: día 15 de xuño. Esta presentación realizarase sempre na secretaría do IES.
- A Comisión de Supervisión emitirá resolución antes do día 03 de xullo para, si é o caso, o/a alumno/a poda matricularse nas probas de ABAU se así o desexa.