INFORMACIÓN DO IES A PONTEPEDRINA ANTE A SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE EDUCATIVA PRESENCIAL

Estimados/as país, nais e alumnado do IES A Pontepedriña:

Como xa coñecedes, estamos en estado de alarma. Isto implica a suspensión das actividades lectivas presenciais e o peche do centro educativo.

No centro, seguindo as instrucións recibidas e durante todo o período de peche, estará un cargo directivo.

A súa presenza no centro NON significa que o IES A Pontepedriña atópese aberto e que poida atender presencialmente as vosas preguntas, dúbidas ou realizar funcións administrativas.

O centro está fechado para todas as persoas alleas ao mesmo.

A presenza dun cargo directivo no centro garante a atención das preguntas e dúbidas que poidades ter. Estas dúbidas poden exporse a través do correo electrónico (ies.pontepedrina@edu.xunta.gal) ou pola páxina web (apartado de Familias/Contacto co profesorado).

 

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DURANTE O PERIODO DE PECHE

Entre o luns e o martes (16 -17 de marzo), subiremos á páxina web información para o alumnado e as actividades a realizar. Aqueles/ as que teñades libros ou cadernos nas clases, non poderedes ir buscalos pois o peche do instituto é unha medida contemplada no Decreto de alarma e serve para protexer a todos de posibles contaxios.

As actividades e información das diferentes materias e cursos atoparase no bloque DEPARTAMENTOS (na columna da dereita da páxina). Dentro deste bloque están todos os departamentos. Entrando en cada un deles atoparedes a información por materias e grupos.

Para o alumnado de Ciclos Formativos, a información atoparase no Bloque FORMACIÓN PROFESIONAL (columna da dereita da páxina).