CALENDARIO FINAL DE CURSO 2018-19

ESO, 1º FP BÁSICA e BACHARELATO

 

21 xuño: Último día de clase en 1º Bacharelato e FP Básica e ESO.

  • As clases rematarán ás 10:25.
  • 10:25-13:00: ACTIVIDADES
  • Os autobuses do transporte escolar recollerán o alumnado ás 13:15

25 de xuño:

  • 09:30: Entrega cualificacións 1º Bacharelato, FP Básica e ESO.
  • Os/as titores/as recollerán os libros que o alumnado teña en préstamo. Ao alumnado que deba examinarse en setembro dalgunha materia seranlle devoltos os libros de texto que necesite despois de comprobado o seu estado de conservación. Eses libros de texto deberaos entregar no momento de recibir o boletín de cualificacións de setembro.
  • Ao alumnado aprobado en xuño entregaráselle o sobre de matrícula.

Reclamacións:

  • 25 de xuño: 10:30-14:00: Revisión de exames e presentación de reclamacións aos departamentos.
  • 26 de xuño: 09:00- 14:00: Presentación de reclamacións aos departamentos.
  • 27 de xuño: 09:30 – 10:00: Notificación das resolucións das reclamacións ás/aos interesadas/os.
  • 27 e 28 de xuño: Presentación recurso contra as resolucións das reclamacións.

Matrícula:

7 de xuño a 10 de xullo: Matrícula do alumnado que aprobe todo en xuño (os demais farano en setembro). Para evitar aglomeracións diante das oficinas suxerímoslles as datas seguintes:

  • 1º e 2º de ESO: 27 e 28 de xuño. ( O alumnado procedente dos centros adscritos- CEIP Os Tilos, CEIP Ramón Cabanillas- ,así como do CEIP Lamas de Abade recibirán nos seus centros os sobres de matrícula, así como as instruccións de matrícula para axilizar o proceso).
  • 3º e 4º de ESO e 2º FP Básica: 1 e 2 de xullo.
  • Bacharelato: 3 e 4 de xullo.
  • Alumnado de 2º ano dos Ciclos Formativos: 27 e 28 de xuño.
  • No caso de ter dificultades con estas datas, teñan en conta que o prazo oficial de matrícula para os aprobados en xuño remata o luns 10 de xullo.

Para ver os calendarios de Final de curso de Formación Profesional Básica (2º) e Ciclos Formativos PREMA AQUÍ.