PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA CURSO 2019-20

Entre os días 01 e 20 de marzo de 2019, ambos inclusive, ábrese o prazo para solicitar praza no IES A Pontepedriña.

 

  1. A solicitude será única, no modelo anexo II, que pode recollerse na Secretaría do centro, descargarse na aplicación admisionalumnado ou cumprimentarse na mesma aplicación.

  2. Tamén se poderá descargar, e logo cumprimentar, da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923.

  3. Documentación:

      1. Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

      2. Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

      3. Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etpa nos termos do Anexo II.

      4. Convenio regulador ou resolusión xudicial de sepàración xudicial ou divorcio, se é o caso.

  4. Tamén se debe manifestar na solicitude se o/a alumno/a utilizará servizos complementarios ( Transporte).

  5. Se o/a alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo tamén deberá indicarse e achegar a documentación que acredite as circunstancias alegadas.

  6. Se existisen máis solicitudes que prazas, os/as alumnos/as serán baremados segundo recolle a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  7. De existir empate na puntuación, a Resolución do 27 de febreiro de 2019 recolle as letras de prioridade do sorteo que tería que facerse. As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras “E” e “C”; así mesmo afectán ao segundo apelido as letras “U” e “P”.


    Enlace ao impreso de solicitude: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_ii_formulario_de_admision.pdf.


     

                                       VACANTES OFERTADAS PARA O PROCESO DE ADMISIÓN.

 

CURSO

VACANTES

 

1º DE ESO

 

0

 

2º DE ESO

 

05

 

3º DE ESO

 

18

 

4º DE ESO

 

10


1º DE BACHARELATO MODALIDADE DE CIENCIAS

 

03


1º DE BACHARELATO MODALIDADE DE HUMANIDADES E CCSS

 

0


2º DE BACHARELATO MODALIDADE DE CIENCIAS

 

27

2º DE BACHARELATO MODALIDADE DE HUMANIDADES E CCSS

 

07