DESPOIS DO LUME: incendios forestais e protección do solo

 

     

(PROXECTO de DIVULGACIÓN e CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL)

Participación nun concurso da FAO para incentivar a reflexión sobre impactos nos solos

           icona Shakespeare-EN   icona Cervantes-ES

 

O balance en vidas humanas e danos materiais en Galicia e Portugal da vaga de lumes forestais desencadeada coas condicións asociadas ao paso do furacán Ophelia  en Octubro de 2017 levou a unha situación de gran alarma social. Dende o departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES Pontepedriña coordinamos unhas actividades informativas, de investigación e concienciación, aproveitando que o lema do Día Mundial do Solo  para este ano "Caring for the Planet starts from the Ground" encaixaba cos nosos obxectivos. A idea básica foi utilizar como actividade motivadora central a participación no “Concurso de Pintura con Solos(Soil Painting Competition), de xeito que a obra relatase a destrucción de vexetación e dos solos, pero incidindo nos labores de mitigación post-incendio.

Contamos coa colaboración  de Rafael Zas, investigador Rafael Zas, do Grupo de xenética e ecoloxía forestal  da Misión Biolóxica de Galicia -CSIC e participante nun grupo cidadán de voluntariado no concello de Pontecaldelas. Trátase dun dos lugares onde a poboación temeu polas súas vidas e vivendas na noite do 15 de octubro, onde posteriormente se organizaron labores de mitigación do impacto nas zonas incendiadas máis susceptibles á erosión mediante a técnica de mulching.

A celebración do Día Mundial do Solo (5 de decembro) foi o punto de referencia do Proxecto Despois do Lume, ainda que trasladamos a celebración ao 30 de novembro por criterios organizativos. Previamente, rexistramos o evento na páxina web de FAO-WSD. No  día escollido pintaríase a obra no distribuidor central, o espazo máis visible do instituto, no que situamos os paneis dunha exposición fotográfica que permaneceu varias semanas. Organizáronse tamén charlas informativas: “Os incendios forestais en Galicia: un problema complexo inundado de opinións infundadas” onde Rafael Zas referíuse aos aspectos ecolóxicos e a análise da causalidade, mentras que Gloria Bustingorri explicaba a organización dos labores post-incendio do voluntariado.

Formamos dous equipos entre o alumnado de 14-15 anos de idade (3º e 4º de ESO). Un deles, dirixido por Estela Pintos do departamento de Plástica, centrouse na preparación dos pigmentos de orixe edáfico e vexetal, do deseño do mural e da execución da obra nun espazo público. Un segundo equipo, dirigido por Anxa Novo do departamento de Tecnoloxía, ocupariase do rexistro de imaxes de todo o proceso, incluíndo a preparación do vídeo co time lapse do proceso de pintado para enviar ao concurso da FAO. Había tamén un terceiro grupo de alumnas que interpretaron a música de fondo do vídeo .

Ademais das saídas para coller mostras de solo para a obtención de pigmentos, a actividade previa fundamental realizada en novembro foi unha visita ás zonas queimadas, guiada por investigadores e técnicos forestais que participaran tamén en labores de voluntariado. Os dous equipos coñeceron a problemática, recopilaron material gráfico, realizaron entrevistas, e recolleron cinza e carbóns á empregar na realización do mural.

Este traballo gañou o primeiro premio no concurso da FAO-GSP, pero xa antes do anuncio do mesmo proseguimos con actividades de divulgación ao longo do curso e hai máis planificadas para o ano escolar 2018-2019:

  • En decembro, antes do anuncio do premio, implicamos no proxecto á  maioría do alumnado de 12-13 anos  mediante a  xerminación de sementes de Quercus, destinada a súa plantación no outono vindeiro. Daquela a Sociedad Española de la Ciencia del Suelo (SECS) xa mostraba un gran interese polo noso proxecto e comezamos colaborar cunha primeira publicación no seu boletín semestral de noticias.
  • En colaboración coa Delegación Territorial da SECS en  Galicia organizamos para o 25 de abril unha segunda charla "Restauración hidrolóxico  e forestal post-incendio ", a cargo de Agustín Blond, do Servizo de Montes de Pontevedra, e planificamos a seguinte  "Restauración de solos queimados") con persoal investigador do IIAG-CSIC.
  • Na primavera organizamos presentacións orais do proxecto, a cargo do propio alumnado premiado. A primeira, realizada o 14 de Maio, estaba dirixida a un grupo de estudantes do CPI de Bembibre, en visita ao noso centro para unha xornada de literatura española previamente programada. A segunda, realizada o 13 de xuño, foi unha presentación ante os medios de comunicación con participación tanto de representantes da SECS e da Universidade como de autoridades da Xunta (conselleiro de Educación e conselleira de Medio Rural) .

 Coordinación do proxecto: Nicolás Lucas, departamento de Bioloxía e Xeoloxía

 

 

O PROXECTO do IES PONTEPEDRIÑA OBTÉN O PRIMEIRO PREMIO no CONCURSO MUNDIAL da FAO!!  

<

The FAO Global Soil Partnership announced the winners of the World Soil Day 2017 FAO Pontepedriña first classified
Web FAO - World Soil Day Web FAO - Global Soil Partnership
Cornell-Pontepedriña

 Coámonos na Ivy League, compartimos podium coa Uni de Cornell! Guiño

<< RisaRisa

 
 

 *        After the Fire_Despois do lume_(FAO-Pontepedriña)

 *          

 

Events aroubd the globe

  Fotolibro cos eventos mundiais do WSD 2017 (7 páx)
      (enlace a documento completo aquí)

 

 

  <<< VIDEO ENVIADO ao CONCURSO 

    "SOIL PAINTING COMPETITION 2017"    

 
 

Pintura realizada para o concurso (preme para ampliar)

Vídeo co timelapse do proceso de pintado do mural  >>

 

Nicolás Lucas: realización do timelapse / PEDRO LUCAS: Música

   

<

 

 

O PROXECTO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN - PUBLICACIÓNS

World Association of Soil and Water Conservation (WASWAC) / Fire Impacts and Soil Painting: A Teaching Project, Hot News 02, 2018, pp.6-13

 
    LA VOZ DE GALICIA.
  • (10/01/2018) "El IES Pontepedriña gana un concurso de la FAO..."
  • (14/06/2018) "El mural de ceniza y tierra del monte gallego vencedor en el certamen de la FAO..."

  TELEVISIÓN DE GALICIA Telexornal mediodía.

  • (15/01/2018) "O IES da Pontepedriña, premiado pola FAO por un traballo sobre os incendios"
  • (13/06/2018) "Os alumnos do IES Pontepedriña dan unha lección de arte e bioloxía a través dun mural"

   CORREO TV. 

  • (13/06/2018) Un traballo sobre os lumes, Premio  FAO para o IES Pontepedriña

  RADIO VOZ.   (13/01/2018) Voces de Santiago.

      

XUNTA DE GALICIA 

 

>>>>>>  Xornais dixitais   >>>>>>>>>>>>

>>>>>>> REDES SOCIAIS >>>>>>>>>     Resumido no dossier

"IMPACTO en MEDIOS de COMUNICACIÓN"

 

 

<

Noticia en Telexornal La Voz 2018-01-10

 

 

Entrevista RadioVoz

Entrevista en RadioVoz-- (audio mp3) "Voces de Compostela", xoves 18/01/2018 (dende 1:41:53)

Noticia no Telexornal da TVG      15/01 2018 Noticia  en La Voz de Galicia    10/01/2018  
     
tvg 2018-06-13 La Voz 14/06/2018 Correo TV  13/06/2018
Noticia no Telexornal da TVG      13/06 2018 Noticia  en La Voz de Galicia    14/06/2018 Noticia en CorreoTV   13/06/2018
     
 
FAO-WSD Plenary Assembly

 

ASAMBLEA PLENARIA da ALIANZA MUNDIAL polo SOLO (FAO-GSP)

(Roma 11-13 de Xuño)

GSP Plenary news-SECS

<

CRÓNICA FOTOGRÁFICA

 

  ACTIVIDADES PREVIAS (Novembro 2017)

 2017_FAO_02b-EquipoVideo_2137.JPG  

Equipo gravación vídeo (ESO4) coordinado por ANXA NOVO:   
                          LOIS MORÓN, DANIEL MÉNDEZ, ARTUR VÁZQUEZ e LAURA CAEIRO

 

 > Terceto de ESO3: IRENE GARCÍA, IRIA FEBRERO, SILVIA FUENTES.
          2017_FAO_02b-Probas-mostras_2137

  Recollida de mostras en solos das anfibolitas dos arredores do Viso, Compostela

 

  Preparación de pigmentos
 04a_Taller02_2133  04b taller mesa preparada

  Para cada recreo das tres primeiras semanas de novembro, ESTELA PINTOS tiña novas ideas e o material disposto para levalas á práctica

 

 primeiras probas trío

Irene, Silvia e Iria nunha das primeiras probas con pigmentos de orixe edáfica

 

Considerouse tamén a posibilidade de deseños figurativos >>

 
   

<

 

  SAÍDA a PONTECALDELAS  (24 de Novembro 2017)

   

  Pontecaldelas, primeiras sensacións nunha área queimada

 

 2017_FAO_06c-Pontecaldelas-Verdugo  socalcos
O lume atravesou o río Verdugo aproveitando unha banda de mimosas (Acacia dealbata), especie exótica que xermina moi ben tras os incendios.

 A aldea sitúase na parte superior da vertente ocupada polo bosque. Iste era relativamente recente, ocultaba socalcos correspondentes a terreos agrícolas abandoados nas emigracións da década de 1960.

 

 tripodes con Anxa  tripodes con Rafa

  Preparación para a gravación das explicacións do Dr. Rafael Zas, investigador na misión Biolóxica de Galicia

 

axente foreestal, por alá
<  
07d mandíbula calcinada
 

Os lumes non só destrúen vexetación, tamén afectan á fauna ...

 

 07e cambisol queimado           

 

 

 <<<   ... e aos  solos, como neste cambisol

 

 08c carballera, baixa severidade, plana

A severidade do lume foi baixa neste sector de carballeira, non se queimaron as copas; as follas caen posteriormente e forman unha cobertura protectora (mulching). Ademais a ausencia de pendente vai limitar a erosión hídrica.

 

2017_FAO_08a-Pontecaldelas_pinocha-mulching 08b piñeiral baixa pendente, acículas
A acícula de piñeiro caída exerce un efecto protector do solo (detalle)

                  Neste sector de piñeiral tamén o risco de erosión é baixo:   pouca pendente e cobertura de acículas

 

2017_FAO_06b-Pontecaldelas-mulching

Os resultados de investigacions recentes mostran que  en Galicia o mulching con  palla é o mecanismo máis efectivo para mitigar a erosión post-incendio, especialmente nas zonas de pendente máis susceptibles

Cobertura de palla emprazada por voluntariado  local para limitar a erosión
por onde escorre a auga

Preparación para a gravación da entrevista a RAFA ZAS

 

Palmada de Artur para  facilitar a sincronización do audio

 

2017_FAO_09b-Pontecaldelas_Laura-Cristina

  No deseño da entrevista participou alumnado de 4ºESO coordinado por MARILÓ LAGARÓN (departamento de Galego)

Laura e Cristina

 

 

 ENSAIO XERAL  (29 de Novembro 2017)

 

Ensaio de a pequena escala de pintado da obra: materiais, técnica,  e secuencia de capas de pintura a aplicar.

O proceso deberá ser fluído porque se vai facer un video a partir dunha secuencia fotográfica (time-lapse)

Para programación da frecuencia de disparo na secuencia fotográfica, estimamos en dúas horas e media a duración do proceso de pintado.

 

 

 12a ensai pintando

 12b ensaio, plano xeral  
   
 13b ensaio / visor camara  

<

  Celebración do Día MUNDIAL do SOLO: realización do mural para o concurso da FAO-GSP

 

 016 Anxa -Nico Cartel WSD  16a cartel WSD
  ANXA e NICO colocan o cartel cartel do Día Mundial do Solo 2017. Na  esquina superior esquerda apréciase o emprazamento da cámara para o time-lapse
 Tamen decoramos co cartel en portugués da campaña de 2014 do Día mundial do Solo
   14a escenario-pinceis
   

  Fixación do lenzo (en realidade cartón pluma cun papel pegado, con  arrugas para lograr textura buscada)

18a pegando lenzo

 
 

 Xa vestidas para pintar, trituran pedazos de palla do mulching de Pontecaldelas

 

O escenario está case rematado, falta cubrir con papel os bordos do lenzo

 

 Mostras de solo utilizadas como pigmento xunto a follas de árbores para o acabado da obra

As 11:45 horas o equipo comeza coa fase de pintado das capas base. Aumnado e profesorado observan dende a primeira e segunda plantas que conflúen no distribuidor central do edificio.

 

 Finalizando aquí a base, que estará xa rematada para o recreo das    12:25 horas; interrómpese o pintado durante 20 minutos  para  facilitar o secado. Todo o instituto pode admirar o traballo realizado.

  Iníciase ás 12:45 horas a segunda parte da pintura , no que se utiliza cinza, carbón e palla recollida na zona quimada visitada en Pontecaldelas
   

<

Fotograma 133751 - frame-1337_13h16m

 

       

Fotograma 142052 frame 1420_13h20m

Fotograma 1642  

Imaxes extraídas da secuencia de

2468 fotogramas utilizados para a

realización do time-lapse,

 

O  intervalo de disparo escollido foi de 3 segundos.

 

53 frame 1642_13h32m

 

   

Corresponden á segunda fase do proceso de pintado da obra, incluíndo o  remate na que se dispón palla do mulching, follas e sementes.

 

   

Fotograma 2034

54 frame 2034_13h51m

   

Fotograma 2260

55 frame -2260_14h02m

Fotograma 2410

56 - frame 2410_14h10m

   
       
           

Tres semanas agotadoras consumindo tódolos recreos en planificación,  preparación de materiais, discusión e probas; al fin ESTELA PINTOS  posa coas  artistas:

   PAULA ALFONSIN, CRISTINA DÍAZ, (4º ESO)

         SILVIA FUENTES, IRENE GARCÍA, IRIA FEBRERO (3º ESO)      

<

 

 

 Celebración do Día MUNDIAL do SOLO: charlas

 

 

32a Charla Rafa 1

   
 32b charla Rafa 2  

  Rafa analiza as causas dos incendios forestais en Galicia e os seus     efectos en ecosistemas e solos

Gloria explica algunhas técnicas de mitigación post-incendio e describe como organizaron o traballo de voluntariado en Pontecaldelas

<

 As instrumentistas: banda sonora do video enviado ao concurso Soil Painting Competition

 

Arranxos de  "Lamento della Ninfa" e guitarra: VICTOR BLANCO

Gravación e edición audio: ANTONIO RIVAS

 

SILVIA FERRO (clarinete); ANA BALSA, NOA GARCÍA (violonchelo) 

                          CRISTINA SANTAYA , MILAGROS ANGUEIRA (clarinete)

 

   
 instrumentistas-insti  instrumentistas-bosque

<

 

 
 Decembro 2017

Recollemos,

o equipo técnico monta o vídeo no par de sesións da materia TIC de Anxa que quedan antes da ponte de decembro.

Enviamos todo á FAO.

E veñen os exames e avaliacións;  antes de rematar o trimestre quedan dous días para facer a plantación de sementes de Quercus.

 

 35a post - mesa taller
   
    WSD-1  Anxa-Nico- Estela    
   

ANXA NOVO

(Tecnoloxía)

NICOLÁS LUCAS

(Bioloxía)

ESTELA PINTOS

(Plástica)

   
               

 

  Plantación de Landras

Coa intención de ampliar o coñecemento e participación do

alumnado no proxecto "Despois do Lume", organizamos a

plantación de landras de carballo (Quercus robur) co alumnado

de 12-14 anos (ESO1 e ESO 2).

 

Apañadas en bosques de Pontevedra próximos á zona

queimada que visitamos, entregóunolas Rafa Zas durante 

a celebración dos actos do Día Mundial do Solo.

 

O segundo propósito era organizar un acto simbólico de

reforestación durante o seguinte curso escolar (outono, 2018).

   

 44 landras en macetas

   
 40 landras 1R  41 landras 1R
   
 42 landras 1R  43 landras 2R
Primeiro curso de secundaria  (ESO 1)  Segundo curso de secundaria  (ESO 2)

<

GSP pontepedriña winner

 

 

 

ABRIL 2018- Instalación permanente da pintura premiada.

O mural sitúase no lateral do mesmo  espazo onde foi realizado. Foi necesario un  importante traballo de fixación e estabilización por parte de Estela.

2018-muraL-1_P2-H-escaleiras-pintura

 2018-muraL-4_PB-V-escaleiras-entrada          2018-muraL-2_P1-V-escaleiras

   

 

<

   

      Charla de Agustín Blond   (25 de Abril 2018)

 

Agustín é responsable da reforestación de zonas forestais incendiadas na provincia de Pontevedra. Na súa charla explicou como:

1) Priorizar as zonas de maio pendente -máis susceptibles á erosión- e con solos de peor calidade.

2) Escoller as especies que realmente van sobrevivir nestas áreas menos propicias.

 

3) Escoller a maquinaria capaz de acceder a zonas complicadas, producindo un impacto mínimo nos solos. 

 

Ao mesmo tempo decribiunos como evitar que a escorrentía arrastre sedimentos aos cursos fluviais, evitando os danos que estos fenómenos producen.

            WSD 3a - cartel charla Agustín

   
 WSD-3 -charla Agustin  WSD 3 Charla público
   

<

 

  Presentación do proxecto:    alumnado do CPI de Bembibre (14 de Maio 2018)

WSD 4 Bembibre - Ana presenta

ANA CABALELAS (departamento de Lingua Española) organizara previamente unha xornada literaria para  na que participaría alumnado de 4º ESO do CPI de Bembibre.

Decidimos que os nosos estudantes premiados podían presentar o   proxecto "Despois do Lume" ao alumnado visitante ese mesmo día.

A propia Ana os adestrou para optimizar a presentación oral.

 

2018 4a Bembibre cartel

 Ana Cabanelas inicia a recepción do alumnado de Bembibre

 

 
2018 6a Bembibre -Laura WSD 6b Bembibre Dani WSD 4 Bembibre - Lois
 Laura introduce os aspectos ecolóxicos e edafolóxicos  Dani describe medidas de mitigación post-incendio Lois explica os detalles da realización do vídeo
 

WSD 5 Bembibre - Laura e Dani

 WSD 4 Bembibre - Paula explica mural

Disposición dos paneis da exposición para a presentación no distribuidor central do edificio

 Cristina e Paula explican o proceso de pintado do mural

WSD 5 Bembibre - Cris e Paula

WSD9 Bembibre - resposta nena Bembibre
Paula explica en detalle a interpretación da obra premiada  Intervención dunha alumna visitante
   

<

  (13 de Xuño 2018)

Presentación do proxecto:   (medios de comunicación, científicos e autoridades  

Dende a Dirección Xeral de Educación manifestóusenos o interese en estar presentes nun acto de presentación do proxecto ante os medios de

    comunicación, no que tamén particíparía o conselleiro. Máis tarde sumaríase ao acto a conselleira de Medio Rural.

Invitamos a representantes da Sociedade Española de Ciencias del Suelo (SECS) e da Universidade de Santiago (USC)  a un acto no que o

    alumnado premiado foi o protagonista.

 

(1) Dr. NICOLÁS LUCAS, coordinador do proxecto  "Despois do Lume);

     detrás sitúase o alumnado premiado (frecha) que vai intervir

     secuencialmente na presentación.

(2) ESTELA PINTOS, responsable do deseño e coordinación da pintura

   gañadora do "Concurso de Pintura con Solos, FAO  2017).

 

 

(3) ANA CABANELAS, colaborou na preparación das presentacións orais do alumnado.

(4) Dr. EDUARDO GARCÍA-RODEJA, catedrático de Edafoloxía da USC (e director da miña tese), temén colaborou na creación da exposición permanente de edafodiversidade no Museo de Historia Natural

(5) Dr. ENRIQUE ZAS, catedrático de Física de partículas da USC, colabora con nós en diferentes proxectos.

    

 

 WSD 10  media participantes numerada

 

 Nicolás Lucas explica como foi xurdiu e foi organizado o proxecto

 

 WSD 26 media grupo final  WSD 12  media - Cris-Paula conselleirada

 Profesorado e alumnado premiado acompañados da Dra. Monserrat Díaz  (en representación da SECS). Detrás, o subdirector e o director xeral de Ordenación Educativa xunto co director do IES A Pontepedriña.

 

 PAULA ALFONSÍN (co micro) e CRISTINA DÍAZ realizan a interpretación     do mural ante Ángeles Vázquez (conselleira de Medio Rural),  Román Rodríguez (conselleiro de Educación), e Montse Díaz (CSIC). 
 WSD 13  media - Artur  WSD 14  media Laura
 ARTUR VÁZQUEZ realiza a presentación xeral do proxecto no marco do concurso convocado en relación ao Día Mundial do Solo

 LAURA CAEIRO explica o impacto dos incendios forestais en relación a dinámica -sucesión/perturbación de ecosistemas e solos.

 

WSD 15 media  Dani WSD media Lois

 DANIEL MÉNDEZ incide nas técnicas de mitigación post-incendio para     evitar a erosión de solos e a afectación a ecosistemas fluviais.

 

LOIS MORÓN describe os detalles relativos á realización do video       enviado ao concurso da FAO
WSD 17 media - Silvia WSD 18 media - Iria

SLVIA FUENTES realiza a introducción ao proceso de pintado do mural

 

 IRIA FEBRERO explica os actividades previas ao pintado: recolllida e preparación de material, deseño, probas.
WSD 19 media - Irene WSD 20 media - Montse

 IRENE GARCÍA detalla o proceso seguido para pintar a obra na celebración do Día Mundial do Solo

 

 A Dra. Montserrat Díaz, Investigador Científico do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG-CSIC) fala en calidade de presidenta da Sección de Bioloxía da SECS
WSD 21 media - publico Montse WSD 22 media Estela-Nico e Rafa
 Alumnado de 4º ESO escoita as últimas intervencións do acto

 Estela Pintos e Nicolás Lucas xunto a Rafael Zas, que desempeñou un papel fundamental no proxecto. Grazas Rafa polo teu entusiasmo e valía!

 

WSD 23 media conselleira-público

 Intervención de Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia

    Intervención de Román Rodríguez, conselleiro de Educación da Xunta de Galicia >

WSD 24 media conselleira

CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL           CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN

WSD 25 media - conselleiro
   
WSD 11  media premiados ante mural -  VOZ
   

<

 

 Participación en "LandCare for the future" 

 (16-18 de Xullo 2018)

   
WSD 27 Landcare - abstracts WSD 28 Landcare - poster WSD 29 Landcare -  Nico
 Programa e libro de resumos do congreso / Resumo da nosa participación (preme para acceder)

 POSTER PRESENTADO (preme para ampliar)

 

 
 WSD 32 Landcare - stand SECS  WSD 30 Landcare - Nico-Estela

 Unha copia do noso póster no stand da Delegación Territorial en Galicia da SECS, con Maite e Montse - Dra. Maria Teresa Barral (USC) / Dra. Montserrat Díaz (IIAG-CSIC)

 
 

 

 

 

 

Visita do presidente da SECS   (17 de Xullo 2018)

Aproveitando a súa presencia en Compostela para participar no congreso "LandCare for the 

Future", o Dr. Jorge Mateix Solera -presidente da Sociedad Española de Ciencias del Suelo-

visitou o IES Pontepedriña para interesarse polos detalles do proxecto e admirar de cerca a

obra pictórica.

 

WSD 31 SECS diploma 5 hor

                        Javier Dapena, Nicolás Lucas, Jorge Mateix, Estela Pintos e Montserrat Díaz

WSD 31 SECS - diploma-trio vert

WSD 32 Diploma SECS

Entregounos un DIPLOMA de recoñecemento do

   labor realizado.

 

Grazas Jorge, pois a a SECS xa valoraba o noso

   proxecto antes de gañarmos o premio  da FAO.

 
WSD 35 SECS redshirts - todos

E tamén trouxo de agasallo unhas camisetas... 

   as do equipo da SECS gañador do bronce no

   mundial de Río (Soil Judging Contest 2018).

 

Que entregamos ao noso alumnado gañador do

   Soil Painting Competition 2017,  ao inicio do

   novo curso, en setembro.

ANXA, ESTELA, Artur, Laura, Lois, Paula, Dani e NICO ; sentadas están Cristina, Silvia, Irene e Iria.  
   
WSD 34 SECS redhirts premiados WSD 36 SECS redshirts - música
O equipo premiado posa coas camisetas da SECS diante do mural   Na aula de Música está VÍCTOR, que fixo a o arranxo do tema de Monteverdi, acompañando a Ana, Cristina, Silvia e Mila (Noa estaba ilocalizable).
 

 

 

 

 

 

 

 

 

Participación no XXXI Congreso de ENCIGA

(15-17 de Novembro 2018)

2018_cartel_enciga
   
2018_ENCIGA_Expo-1_H 2018-ENCIGA-xeoloxico-anfibolitas
   
2018_ENCIGA-Presentacion-1_023 WSD-2018_ENCIGA-Soc_Laura-Cristina
   

 

 

 

Celebración do DÍA MUNDIAL do SOLO  2018

 

 2018-WSD_DespoisdoLume_UnAnoMaisTarde

 Prantación de árbores en proxecto de restauración ambiental post-incendio

(O Galleiro, 27 de Novembro 2018)

 2018_WSD_foresta_OGalleiro_41-panorama  WSD-2018_EuPranto_grupo-abaixo_OGalleiro_78
   

 

        2018_WSD_foresta_OGalleiro_56-Silvia

 

 WSD-2018_EuPranto_Maria-OGalleiro_75  WSD-2018_EuPranto_Sergio-Cristina_OGalleiro_68
   
WSD-2018_EuPranto_Noa-Julia_OGalleiro_59 WSD-2018_EuPranto_grupo-OGalleiro_72
   
   

 

 

 

 

 


Celebración do DÍA MUNDIAL do SOLO 2019

 

 2019-WSD_DousAnosMaisTarde_500px  2019-WSD_banner-En
   
   

 

zzz

  @

  2@

   

 3@

 4@

   

6@

 7@

   

 8@

 9@
   
  10@
 
 11@  12@
   
 13@  14@
   
   
   

 

>