FCT Extranxeiro
ACCESO:
Para realizar a FCT é necesario ter superados previamente tódolos módulos do Ciclo agás o Modulo de Proxecto.
DURACIÓN:
Ciclo Superior de Comercio Internacional: 384 horas (48 xornadas).
Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais: 384 horas (48 xornadas).
Ciclo Medio de Actividades Comercias: 410 horas (52 xornadas).
HORARIO DE TRABALLO:
Durante o período de realización da FCT, o horario do alumnado adaptarase ao horario laboral que teña establecido a empresa. A permanencia media será de 40 horas semanais.
FALTAS DE ASISTENCIA:
As faltas de asistencia xustificadas (enfermidade, asuntos oficiais) non poderán superar o 10% das horas totais de duración da FCT. Deberán ser comunicadas a persoa titora no Centro Educativo e á empresa.
REUNIÓNS NO CENTRO EDUCATIVO:
Para o seguimento da FCT o alumnado será convocado a reunións quincenais no Instituto. Estas reunións son de asistencia obrigatoria.
EXENCIÓN:
Para solicitar exención como norma xeral é necesario haber traballado e cotizado un mínimo de 12 meses realizando unha actividade relacionada cos contidos do Ciclo Formativo cursado.
O alumnado interesado deberá presentar na secretaría do Instituto:
a.- Solicitude.
b.- Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social, ou da mutualidade laboral á que se estivese afiliado ou afiliada, na que conste a empresa, a categoría laboral, o grupo de cotización e o período de contratación ou, de ser o caso, o período de cotización en réxime especial de traballadores autónomos, ou calquera outro medio de proba admitido en dereito.
c.- Certificación da empresa na que se indique especificamente a duración do contrato, as actividades desenvolvidas e o período en que se realizaron estas actividades. No caso de traballadores e traballadoras por conta propia, certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.
FCT NO EXTERIOR:
O alumnado interesado poderá participar nas convocatorias ERASMUS (prazas limitadas) para facer a FCT no estranxeiro.
Asimesmo, con autorización da Consellería, poderá realizarse a FCT no exterior en empresas propostas polo alumnado ou polo Centro Educativo.
AXUDAS:
A través da Coordinacion da FCT procederáse a solicitar axudas para gastos ocasionados polo desprazamento do alumnado.
Non terá dereito a axudas as persoas que se atopen nas seguintes situacións:
- A empresa na que realiza a FCT está domiciliada en Santiago de Compostela (por ser o Concello no que se atopa o Instituto)
- A empresa está situada no Concello onde ten o seu domicilio o alumnado.
A modo indicativo sinalar que a axuda concedida no ano 2016 foi de 96 €.
O alumanado que realice a FCT no exterior poderá solicitara xudas que par ao ano 2016 estaban establecidas nas seguintes cantidades (Orde 28 de abril de 2016)
País |
Contía base |
Contía |
Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Malta, Romanía |
100 € |
60 € |
Alemaña, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovenia, Grecia, Holanda, Luxemburgo, Portugal, República Checa |
150 € |
100 € |
Austria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Reino Unido, Suecia |
200 € |
125 € |
NORMATIVA:
Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Orde do 28 de abril de 2016 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo