Libros de texto de ESO e Bacharelato para o curso 2017-2018
A relación de libros de texto (pdf) para a ESO e bacharelato no curso 2017-2018 pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso.
Recoméndase que o alumnado de ESO e bacharelato que se matricula en xuño non merque ata setembro os libros da materia optativa, pois é entón cando se pode confirmar que se cumpren as condicións legais, de número de alumnado, necesarias para poder impartila.