I Concurso de Booktrailers

Xa está en marcha o I Concurso de Booktrailers do IES de Pontepedriña. Que non sabes que é un booktrailer? Normal, tanta palabriña en inglés...! Un booktrailer é un vídeo para promocionar un libro, para convencernos de que o leamos...

Podes facer ata tres booktrailers distintos, a única condición é que o libro estea entre os fondos da Biblioteca do instituto e que estea en galego.

Anímate e verás que ben che sae! Para calquera dúbida consulta as bases do sorteo no seguinte enlace.

AdxuntoTamaño
Bases I Concurso de booktrailers.pdf26.93 KB