London again

Estivemos outra vez en Londres, era febreiro e moita calor non ía. Todavía está Dippy na nave central do Natural History Museum  (parece que en 2017 van sustituílo polo esquelete dunha balea azul), pero non se poideron ver moitos máis dinosaurios porque só por un día pillamos pechada esa sección do NHM. Finalmente non houbo posibilidade de participar na actividade para grupos escolares 'Rock the house', pero naturalmente si fixemos a foto de rigor con Mr. Darwin.

No Science Museum estaba a exposición temporal de Leonardo, pero hai tantas opcións nas salas permanentes que non da tempo a máis nada. Repetimos tamén o tour de John Snow polo Soho revisitando os escenarios da famosa investigación sobre a epidemioloxía do cólera (pero non tivemos novas adicionais da John Snow Society). Malas noticias dos museos de Greenwich: suprimiron a tarifa de grupos escolares para a visita ao observatorio histórico.

Polo demais, todo ben.

Tedes o enlace ás fotos no curso "Pontepedriña goes to London" na nosa Aula Virtual (pódese entrar como convidado)

 

NHM Darwin Greenwich
   
 John Snow  Russell
   
Assyrian Sesostris Monumental

 British Museum.- Relevo e escritura cuneiforme asiria tallado en xeso. A circulación de auga polas gretas e precipitación de material disolto ilustra o principio de relacións cruzadas.

 Estatuas de Sesostris III esculpidas na tonalita porfídica de Asuán. Presenta fenocristais de feldespato claramente orientados.  "Granito monumental" do plutón de Asuán. Gran groso, porfídico con fenocristais de feldespato potásico rosa. Con este mesmo material está construída o obelisco situado en Enbankment (Cleopatra's Needle).