4º ESO viaxa a Londres
Unha vez máis o departamento de Inglés organizou a viaxe a Londres, adiantada este ano á última semana de Febreiro. Situamos o foco na área científico-Tecnolóxica, xa que o profesorado acompañente volvía ser destas especialidades.
> Realizamos actividades no Natural History Museum e no Science Museum. Tamén pasamos polo Royal Observatory en Greenwich, ainda que nesta ocasión a Galería de Tempo e Lonxitude estaba moi minguada sen os famosos cronómetros navais de Harrison (acababa de rematar unha exposición especial ao respecto).
> O itinerario máis turístico tivo como núcleo os materiais, a arquitectura e a enxeñería no contexto do desenvolvemento histórico da cidade dende 1800; foi deseñado tomando como eixe o río e as súas pontes.
> Organizamos tamén un itinerario seguindo os escenarios do brote de cólera de 1854 no barrio do Soho, no que un médico local chamado John Snow realizara unha investigación que se considera a fundación da epidemioloxía. O proxecto, que comenzara con actividades previas realizadas no instituto, non se puido completar co encontro con representantes da John Snow Society, pese a que os contactos estaban en marcha (veremos que pasa noutra ocasión).
O grupo completo, no percorrido arredor do Támesis | Anxa e Nico retratados coa cámara térmica do Science Museum. Tal como nos vería 'Predator' | |
O coche oculta o emprazamento orixinal da bomba do pozo contaminado no brote de cólera de 1854. Hai que visitar o pub para poder chegar a ser membro da John Snow Society. | Na Iglesia de St. James comezaba o percorrido. No edificio da sacristía reuníronse os notables de parroquia por iniciativa de John Snow e decidiron retirar a asa da bomba | |
No Museo de Historia Natural, a estatua de Darwin foi unha vez máis o punto de encontro | Centro Darwin do MHN: mentres os de bioloxía facían unha somnolenta visita ás exposicións de evolución, Adela, Mar e Andrea defendían o seu traballo na Olimpiada de Filosofía | |
Sala octogonal da antiga casa dos astrónomos (Flamsteed House) no Real Observatorio de Greenwich | Xusto á dereita, non visible na foto, atópanse os indicios dunha bonita historia ferrolán. |
Estas son unha poucas, máis imaxes aquí