Estimadas familias,
Para comunicacións relativas ao COVID durante as vacacións do Nadal empreguen o correo do instituto:
ies.pontecaldelas@edu.xunta.gal
Estimadas familias,
Para comunicacións relativas ao COVID durante as vacacións do Nadal empreguen o correo do instituto:
ies.pontecaldelas@edu.xunta.gal
Xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes definitivas de alumnado beneficiario de máscaras da Consellería.
A entrega das máscaras será en xaneiro pero aínda non temos data exacta confirmada.
As máscaras entregaranse ao propio alumnado no centro como se fixo cos libros de texto.
No día de hoxe publicáronse no taboleiro de anuncios do instituto as listaxes de solicitudes admitidas e excluídas na convocatoria de máscaras da Consellería.
Nesta ocasión todas as solicitudes foron admitidas pero, formalmente, agora ábrese un prazo de dous días para que as solicitudes excluídas poidan enmendar documentación se fora necesario. Despois deste prazo publicaranse as listaxes definitivas.
2 de decembro de 2020
Estimadas familias.
Nas últimas horas tivemos a confirmación de dous novos casos positivos da COVID-19 no noso centro.
As autoridades sanitarias non estableceron nestes casos contactos estreitos.
A situación epidemiolóxica que estamos a vivir é complexa e difícil para todos polo que, unha vez máis, rogamos prudencia e discreción.
Recordamos a necesidade de cumplir as medidas sobre como gardar a corentena de forma estricta. Ditas normas aparecen publicadas ao principio desta páxina.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |