Deixamos aquí o pantallazo da web Redeiras da Consellería de Educación onde o coordinador do Proxecto Terra, José Manuel Rosales, dá a súa opinión sobre o traballo realizado polo alumnado de 3º ESO ao longo do 2º e 3º trimestre deste curso sobre a alameda de Ponte Caldelas.
Didácticos
Pautas para traballar a lectura comprensiva en Ciencias Sociais
Preme nesta ligazón para ollar o slideshare que o explica
Comezamos o traballo sobre "a Alameda de Ponte Caldelas como un lugar de encontro" para o Proxectoo Terra
Ao longo do mes de febreiro o alumnado de 3º da ESO irá realizando unha serie de enquisas e investigacións nas que poñan de relevo a importancia da Alameda de Ponte Caldelas como un lugar de encontro e punto central nos días de feira.
Este traballo será entregado ao Proxecto Terra e trataremos de elevar algunha conclusión ao concello de Ponte Caldelas para que saiban cal é a percepción cidadá deste espazo colectivo e público.
Aquí deixamos o arquivo cos cuestionarios que o alumnado deberá ir resolvendo ao longo deste tempo.
Programación do Departamento de Ciencias Sociais 2013-2014
No arquivo adxunto tendes a programación de Ciencias Sociais.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- seguinte ›
- última »