Nesta ligazón do blog Mil falares podedes ver algúns dos vídeos de "A palabra herdada" creados polo alumnado. Con este proxecto, queremos valorar a importancia de "herdar" a lingua, pois garantir a transmisión lingüística é o mellor xeito de mantela viva.
Equipo Dinamización Lingüística
VIDEOPOEMAS ROSALÍA
Nesta ligazón podedes ver as tres creacións gañadoras do concurso de videopoemas sobre Rosalía. Os seus autores son Xandre Malvar (1º ESO), María Cochón e Jairo Freaza (2º BACH). Parabéns polo voso traballo!!!
PREMIOS DE RELATO LGTBI E DE VIDEOPOEMAS ROSALÍA
Para rematar o segundo trimestre, levamos a cabo a entrega de premios dos concursos de relato LGTBI e de videopoemas sobre Rosalía. Grazas a todo o alumnado participante e parabéns ás persoas finalistas e gañadoras!!! Aquí podedes ver unha foto delas cos seus agasallos.
ENTROIDO 2021
Este ano no instituto de Ponte Caldelas celebramos o Entroido dun xeito diferente e especial para que non pare a festa! O noso meco manda traer complementos ou pezas de roupa durante esta semana. Podedes ir ver o meco á entrada do centro para comprobar o que "O meco manda...".
Viva o Entroido!!!
Enhoraboa a todos/as os/as participantes de 3º ESO do certamen de REGUEIFAS en vigo
ENHORABOA¡¡¡ CHICOS/AS DE 3º DA ESO.
MENUDA ENCHENTA DE REGUEIFAS ¡¡¡¡¡¡¡
O noso equipo formado por 10 alumnos/as de 3º , regueifou toda a mañan de onte dun xeito abrumador¡¡
Foron seleccionados dous para a final:
Marcos Oitavén e Candela Calviño Enhoraboa aos dous¡¡¡¡¡