O pasado venres 31 de maio percorremos co alumnado de 1º da ESO os lugares que aparecen no capítulo sobre Rande da novela de Jules Verne, 20.000 leguas de viaxe submariño. Dentro das actividades relacionadas co grupo de uso instrumental das linguas, un grupo de 60 alumnos e alumnas visitaron a Illa de San Simón, contemplaron a escultura adicada ao capitán Nemo ubicada fronte á praia de Cesantes e culminaron o día no museo de Meirande ao pé da ponte de Rande. Aprenderon moito da historia da Illa de San Simón, unha historia de traxedia: lazareto, campo de concentración de presos políticos, naufraxios... e aprenderon moito da batalla de Rande no contexto da Guerra de Sucesión española en 1702.
Se premes na imaxe aparecerá un resumo gráfico de toda a actividade.