No documento adxunto poden consultar os libros que se empregarán no curso 2024/2025.
Antes de realizar ningunha compra lean detidamente o apartado de "Observacións" xa que nalgunhas materias se indica expresamente que se espere ás indicacións que dea o profesorado e iso será en setembro.
No caso da ESO, lembren que as listaxes provisionais de beneficiarios e beneficiarias de Fondolibros se publicarán o 11 de xullo e as definitivas o 26 de xullo.
Estas listaxes estarán expostas no taboleiro do centro ou poderán consultarse na aplicación Fondolibros identificándose con certificado dixital ou Chave 365.