Esta convocatoria está recollida na Orde do 10 de maio de 2023, publicada no DOG do venres 19 de maio de 2023.
Prazo de solicitude: remata o 21 de xuño de 2023.
Requisitos previos: é imprescindible devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2022/23 en bo estado. A data límite de devolución é o 21 de xuño.
Solicitude:
- Será presentada pola nai, pai ou titores/representantes legais.
- Cubrirase usando os formularios do procedemento ED330B (Anexo I e anexo II), dispoñibles na Conserxería do instituto ou descargables nesta publicación, na aplicación Fondolibros ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
- Pode cubrirse en papel ou na aplicación Fondolibros.
- Se se cubre en papel farase unha solicitude incluíndo a todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro e entregarase presencialmente na Secretaría xunto coa documentación correspondente.
- Se se cubre en Fondolibros farase unha solicitude separada para cada filla/o, gardarase xerando un número de solicitude e poderase escoller entre imprimila e presentala na Secretaría ou presentala a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. En ambos casos haberá que presentar tamén a documentación correspondente.
Documentación necesaria:
- Solicitude. Inclúe Anexo I e Anexo II (documento adxunto). As solicitudes que inclúan máis de catro membros precisarán usar a ampliación do Anexo II (documento adxunto).
- Copia do libro de familia onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
Segundo os casos será precisa máis documentación, por exemplo:
- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificando do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
- Documentación relevante da que non se autorice a consulta (DNI, certificado de discapacidade, declaración da renda 2021, …).
Observacións para cubrir a solicitude:
- A solicitude sempre se fará para o nivel seguinte, sen ter en conta posibles repeticións.
- A solicitude cubrirase cos datos económicos de 2021 e recollendo a situación familiar a 31 de decembro de 2021.
- Na páxina 3 da solicitude asinará a persoa solicitante (nai/pai/responsable legal) e así xa estará autorizando a consulta de datos. No anexo 2 incluído na solicitude asinarán o resto de membros. No caso de menores, sempre terá que asinar un adulto.
- Aquelas familias formadas por máis de catro membros precisarán usar a ampliación do anexo 2.
Como se calcula a axuda que corresponde?
Hai varios niveis de axuda segundo as circunstancias familiares:
Alumnado en garda ou tutela da Xunta con calquera renda Alumnado con discapacidade maior ou igual ao 65% con calquera renda Renda per cápita <= 6000€ |
6000€ < Renda per cápita <=10000€ | Renda per cápita>10000€ | |
Libros | Mínimo 6 libros | Mínimo 4 libros | Só se queda sobrante |
Vale para material escolar | 75€ | 60€ | Non hai vale |
Teñen máis información sobre como se calcula a renda per cápita no documento adxunto.
Como saber se se consegue a axuda?
- As listaxes provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o 12 de xullo. Haberá dous días para presentar reclamacións ou enmendar documentación.
- As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo.
Estas listaxes estarán expostas no taboleiro do centro ou poderán consultarse na aplicación Fondolibros identificándose con certificado dixital ou Chave 365.
Xunto coas listaxes definitivas darase información de cando se repartirán os libros e os vales adxudicados.
En caso de dúbida poden consultar en Secretaría.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude.pdf | 1.61 MB |
Ampliación Anexo2.pdf | 990.22 KB |
Cálculo da renda per cápita.pdf | 144.55 KB |