CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23

Esta convocatoria está recollida na Orde do 29 de abril de 2022, publicada no DOG do mércores 18 de maio de 2022.

Prazo de solicitude: remata o 22 de xuño de 2022.

Requisitos previos: é imprescindible devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2021/22. A data límite de devolución é o 22 de xuño.

Solicitude:

  • Será presentada pola nai, pai ou titores/representantes legais.
  • Cubrirase usando os formularios do procedemento ED330B (Anexo I e Anexo II), dispoñibles na Conserxería do instituto ou descargables na aplicación Fondolibros, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia ou nos documentos anexos a esta publicación.
  • Pode cubrirse en papel ou na aplicación Fondolibros.
    • Se se cubre en papel, farase unha solicitude con todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro e entregarase presencialmente na Secretaría xunto coa documentación correspondente.
    • Se se cubre en Fondolibros, farase unha solicitude separada para cada filla/o, gardarase xerando un número de solicitude e poderase escoller entre imprimila e presentala na Secretaría xunto coa documentación correspondente ou presentala na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.


Documentación necesaria:

  • Anexo I e anexo II debidamente cubertos e asinados.
  • Copia do libro de familia onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia.
  • En caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar, documentación acreditativa.
  • Documentación relevante da que non se autorice a consulta (DNI, certificado de discapacidade, declaración da renda 2020, …)


Observacións para cubrir a solicitude:

  • A solicitude cubrirase cos datos económicos de 2020 e recollendo a situación familiar a 31 de decembro de 2020.
  • Na páxina 3 do Anexo I asinará a persoa solicitante (nai/pai/responsable legal) e así xa está autorizando a consulta de datos. No Anexo 2 asinarán o resto de membros. No caso de menores, sempre terá que asinar un adulto.


Como saber se se consegue a axuda?
Comprobando as listaxes provisional e definitiva. Estas listaxes exporanse no taboleiro do instituto e tamén se poderán consultar na aplicación Fondolibros identificándose previamente.

  • Listaxes provisionais: 11 de xullo.
  • Listaxes definitivas: 22 de xullo.

Esta información foi repartida ao alumnado de 1º, 2º e 3º no día de hoxe. O alumnado de 4ºESO que repita curso terá un prazo extraordinario para presentar a solicitude despois de matricularse, igual có alumnado que solicite FP Básica, non resulte admitido e acabe matriculándose na ESO.

Nos documentos adxuntos inclúese:

- Información máis detallada.

- Anexo I e anexo II.

AdxuntoTamaño
Instrucións Fondo libros 22_23.pdf69.53 KB
Anexo I.pdf1.61 MB
Anexo II.pdf990.25 KB