Está próximo a abrir o prazo de solicitude das bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para cursar estudos en 2022/2023.
Toda a información sobre esta convocatoria pode consultarse no Portal de Becas de Educación.
Información básica sobre estas bolsas:
- Van dirixidas ao alumnado que no curso 2022/23 se matricule en Bacharelato, Formación Profesional de graos Básico, Medio ou Superior e estudos universitarios, entre outros. Os detalles deben consultarse na convocatoria.
- O prazo de solicitude será do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022.
- A concesión ou non da bolsa dependerá das condicións económicas da familia e dos resultados académicos do alumnado.