PROCESO DE ADMISIÓN: FASE DE ADMISIÓN

O prodemento ordinario de admisión en centros públicos de ESO e Bacharelato está regulado pola  ORDE do 18 de decembro de 2020 (DOG do 22 de decembro de 2020), pola ORDE do 12 de marzo de 2013, pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017 e polo DECRETO 13/2022 do 3 de febreiro de 2022.

Ademais de presencialmente no centro, todo o procedemento pode realizarse de forma telemática a través da aplicación “admisionalumnado” usando a Chave365 ou un certificado dixital. Esta aplicación tamén permite a consulta de listaxes de maneira telemática.

 

OBSERVACIÓNS IMPORTANTES PARA ALUMNADO MATRICULADO NO IES DE PONTE CALDELAS 

  • O alumnado que queira continuar os seus estudos aquí, en ESO ou en Bacharelato, ten garantida a permanencia e non precisa facer solicitude de admisión. Simplemente terá que formalizar a matrícula no prazo que lle corresponda. Nos próximos meses faranse sesións informativas sobre as posibilidades de estudos para o ano e sondaxes de matrícula para poder facer estimacións máis fiables e acabar de configurar a nosa oferta.
  • O alumnado que queira continuar estudos de ESO ou Bacharelato noutro centro terá que presentar solicitude de admisión no novo centro e copia desa solicitude no noso centro. Sobre este caso aparece información máis completa no seguinte apartado.
  • O alumnado que queira acceder a estudos de Formación Profesional (Básica, Media ou Superior) non ten que facer ningún trámite neste momento xa que o acceso a eses estudos non está regulado por este procedemento e a información oficial sobre prazos aínda non está publicada.

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Quen a ten que presentar?

  • O alumnado que solicita praza nun centro que non é o que lle corresponde por adscrición.
  • O alumnado que solicita praza no seu centro adscrito e non hai vacantes suficientes para cubrir a demanda.
  • O alumnado que se incorpora ao noso sistema educativo por primeira vez. 

Informamos de que todo o alumnado dos colexios adscritos que presentou solicitude de reserva para 1ºESO no IES de Ponte Caldelas resultou admitido e xa non terá que presentar solicitude de admisión.

 

Como se presenta a solicitude?

  • O prazo de presentación é do 1 ao 20 de marzo.
  • Preséntase usando o formulario do procedemento ED550B (Anexo II), dispoñible no instituto, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación “admisionalumnado”. Tamén aparece como arquivo adxunto nesta publicación.
  • Só se pode presentar unha solicitude por alumna/o e pode conter ata seis centros ordenados por preferencia
  • A solicitude preséntase no centro elixido de primeiro. En caso de solicitar un cambio de centro entregarase copia da solicitude no centro que se abandona.
  • A solicitude irá asinada por calquera dos titulares da patria potestade. En caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura dos dous agás que un proxenitor perdera a patria potestade ou se trate dunha situación de violencia de xénero. 
  • Documentación a achegar:
    • Fotocopia do DNI ou libro de familia da/o alumna/o.
    • Certificación académica.
    • En caso de separación, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia da/o menor.
    • Nos centros nos que non haxa vacantes suficientes para as solicitudes presentadas aplicarase un baremo para priorizar as solicitudes e será necesario entregar documentación adicional cando remate o prazo de admisión.

 

Como facer no caso de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo?

Xunto coa solicitude hai que manifestar que se opta a unha praza reservada para alumnado con NEAE e presentar a documentación acreditativa desta circunstancia.

 

Como saber se a/o alumna/o foi admitida/o?

  • As listaxes provisionais publicaranse antes do 25 de abril no taboleiro de anuncios do centro. Tamén se poderán consultar na aplicación de admisión con Chave365 ou certificado dixital. No momento en que as listaxes estean publicadas anunciarémolo  na páxina web.
  • As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio da mesma maneira.

Unha vez admitidos, o alumnado terá que formalizar a matrícula no prazo que lles corresponda.

 

INFORMACIÓN SOBRE OS SERVIZOS DO IES DE PONTE CALDELAS

Horario do centro: As clases organízanse en seis sesión matinais, de luns a venres, de 9:00 a 14:25 e dúas sesión de tarde os luns, de 16:15 a 17:55. Pola mañá temos un recreo, de 11:30 a 11:55.

Oferta educativa:  O IES de Ponte Caldelas oferta estudos de ESO e Bacharelato nas modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.  

Previsión de vacantes: pode consultarse no documento anexo.

Liñas de transporte: poden consultarse no documento anexo.

Comedor:  Ofértase só os luns por ser o único día con xornada partida. O servizo é feito por unha empresa de catering externa.

 

Nos documentos anexos tamén se achega un calendario resumo de todo o proceso de admisión.

AdxuntoTamaño
AnexoII_Solicitude de admision.pdf1.13 MB
Liñas de transporte.pdf26.31 KB
Publicación de vacantes.pdf388.68 KB
Calendario admisión.pdf86.11 KB