Precisamos unha foto para “A igualdade multiplica”. Animádevos!!!

Ola familias,

continuamos ca campaña de igualdade de xénero “20 medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade” que as tres ANPAs do Concello de Ponte Caldelas, en colaboración ca Secretaría Xeral da Igualdade, estamos a por en marcha nos tres centros de ensino do concello durante este ano 2020.

Desta vez, seguindo ca acción “A igualdade multiplica” pedímosvos que vos fagades unha foto e nola enviedes, xuntamos un documento explicativo e o documento de cesión de imaxe, que tedes que cubrir e asinar, para envialo xunto ca foto ao 695 026 913.

Tendes de prazo ata o 12 de novembro

Lembrade que a vosa participación é moi importante, non só polo éxito desta campaña, senón porque así será máis doado conseguir subvencións futuras que nos permitan seguir traballando.

Animádevos a participar!!!

AdxuntoTamaño
titorial photocall en color.pdf604 KB
CESION IMAXES CAMPAÑA A IGUALDADE MULTIPLICA.pdf420.85 KB