O IES DE PONTE CALDELAS APOSTA POLA XESTIÓN DO MONTE

12/05/2019 12:14

Alumnos e profesores do IES de Ponte Caldelas están participando este curso escolar

no proxecto educativo “O MONTE VIVO”, no que traballan activamente nunha actividade

de custodia do territorio dunha parcela de dúas hectáreas de monte comunal anexa ao

centro educativo. O obxectivo deste proxecto é a concienciación sobre a importancia

da conservación dos ecosistemas forestais autóctonos e a restauración dunha zona

infestada por especies invasoras ( eucalipto e mimosa).

O proxecto estase a levar a cabo coa colaboración da comunidade de montes de Cuñas,

o CFEAF de Lourizán, e o colectivo ecoloxista A Rente do Chan.