Eventos
Aqui tendes os gañadores do concurso de "Cartas de amosr non romántico":
Os tres de 1º ESO, Gael Carballo, Pepe Zas e Jabob Emrys Arca e unha mención especial para Alicia Arruti de 4º pola súa carta "Queridas ganas de cambio".
No recreo do 23 de febreiro fíxose un recitado por parte do alumnado do centro, de poesias de Rosalía. Breixo Ramírez ( na foto) gañou un premio polo seu vídeo poema.
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes vén de publicar a convocatoria de bolsas para o alumnado que curse estudos postobrigatorios no curso 2024_2025 (enlace ao extracto da Resolución publicada no BOE).
Estas bolsas van dirixidas a alumnado que se matricule en Bacharelato, Formación Profesional (Grao Básico, Grao Medio, Grao Superior), ou en estudos universitarios, entre outros.
O prazo de solicitude esténdese dende o día 19 de marzo de 2024 ás 09:00, hora peninsular, ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00, hora peninsular, ámbolos dous inclusive.
A solicitude debe facerse obrigatoriamente de xeito telemático, entrando na sede electrónica do Ministerio.
É importante que presentedes a vosa solicitude en prazo, aínda que non saibades que estudos ides cursar no vindeiro ano académico 2024_2025. De non facelo, quedaredes sen posibilidade de acceder á bolsa de estudos.
Podedes acceder a toda a información no portal de Bolsas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.