22 de novembro 2012.Alberto Coto, campeón mundial en cálculo mental, estivo compartindo unha hora co alumnado de 1ºA, 1ºB e 3ºA. Velaquí como contou o Faro de Vigo a noticia.
Fíxonos o seguinte xogo. Proba ti tamén a facelo. Pídelle a algún amigo que faga as seguintes operacións:
O sábado 2 de xuño celebránronse na Facultade de Matemáticas da USC as probas para a selección do alumnado que participará no programa ESTALMAT. Un alumno do IES Pintor Colmeiro participou este ano nesta convocatoria, trátase de Rubén Lanzó Estévez. A súa primeira impresión é que entre o alumnado que acudía a esta proba había un gran nivel de matemáticas.
Son Joaquín Carballo, Diego Frade, Lucía Bibián e Miriam García, de 1º de Bacharelato. Obtiveron boas notas nas primeiras avaliacións, o departamento de matemáticas presentounos ao Matcampus e foron elexidos todos. Pasarán dúas semanas do mes de xullo cos gastos pagados asistindo a conferencias, excursións e outras actividades patrocinadas pola Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Departamento de Matemáticas e Aplicações da Universidade do Minho e o Centro Internacional de Matemáticas (CIM) en Portugal.
Isto é o mellor que hai no noso Instituto: nin os ordenadores, nin o pabellón, nin os departamentos, nin a biblioteca. O mellor son os alumnos. Velaquí están os 9 que este ano acudiron á proba de ESTALMAT (EStímulo do TAlento MAtemático). A proba foi o 5 de xuño na facultade de matemáticas, en Santiago. Esperamos que a experiencia fose proveitosa, xa o comentaremos.