Saltar navegación.
Inicio

Instruccións comezo de curso 2018/2019

 

INFORMACIÓN COMEZO CURSO ESCOLAR 2018/2019 NO IES PEDRA DA AUGA.

 

 

 

- Becas

 

A convocatoria de solicitudes de beca está aberto o prazo ata o día 1 de outubro.

 

As becas tramítanse na sede virtual do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

 

Enlace á web na que se solicitan.

 

 

 

- Cafetería

 

O servizo de cafetería do IES Pedra da Auga, por motivos axenos á vontade do centro, permanecerá pechado ata que o Departamento Territorial da Consellería remate cos trámites de adxudicación das cafeterías dos institutos. Polo tanto e ata novo aviso recoméndase as familias que o teñan en conta e envíen aos alumnos ao instituto co almorzo.

 

 

 

- Fondo libros e vales de material escolar.

 

Están en proceso de preparación os lotes de libros do fondo solidario de libros de texto. Avisaráse aos solicitantes con dereito recoñecido, a través dos propios alumnos ou alumas do momento axeitado para vir a recoller estes lotes así como os vales de material escolar no seu caso.

 

Fondo solidario de libros de texto e vales para a compra de material escolar.

Listaxes PROVISIONAIS de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto e vales de axudas para material escolar.

Listaxe de admitidos Fondo solidario de libros de texto.

Listaxe de excluídos Fondo solidario de libros de texto.

Listaxe de vales para material escolar.

Ábrese un prazo de RECLAMACIÓNS contra estas listaxes provisionais de dous días: O día 13 e o día 16 de xullo pódese reclamar contra a exclusión ou achegar documentación.

NOTA: Nas listaxes figuran como "pendentes" aquelas solicitudes de alumnos que teñen consigo libros do fondo do curso pasado e que non os devolven ata setembro. No mes de setembro, tras a devolución deses libros sacaremos unha nova listaxe onde xa figurarán "admitidos".

NOTA 2: Os lotes dos libros e os vales para material escolar entregaránse á persoa solicitante (Nai, pai ou titor que os solicitou) co curso escolar comezado. Avisaremos a través do propio alumno ou alumna.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018 - 2019

Relación de libros de texto para o curso 2018 - 2019

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO

Publícase o calendario de exames de setembro do IES Pedra da Auga.

PROXECTO INNOVACIÓN 2018 DEPARTAMENTO ELECTRICIDADE: INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA CONTROLADA VIA WEB

O departamento de electricidade quere informar a toda a comunidade educativa do IES PEDRA DA AUGA que lle foi concedido por segundo ano consecutivo un novo proxecto de innovación que consiste nunha instalación fotovoltaica controlada con arduino e monitorizada via web. Contamos coa colaboración do departamento de automoción para a realización das estructuras metálicas dos paneis fotovoltaicos e coa empresa Enrede Cloud Solutions, S.L.

Comezamos xa a executar a instalación exterior dos focos led, sensores de movemento, sensor crepuscular e estructura metálica dos paneis deixando xa instaladas as correspondentes liñas.

Dito traballo foi realizado polos alumnos de 1º curso da FP Básica de electricidade e por alumnos de automoción na colocación da estructura dos paneis.

O traballo de automatización da instalación será realizado polos alumnos de  2º do ciclo de electricidade no curso 2018-19

 

 

NOVO TELÉFONO DO IES PEDRA DA AUGA

AVISO IMPORTANTE!!

Debido á migración á telefonía IP o número de teléfono do centro muda a:

886.12.12.05

TORNEO DE XADREZ IES BARRAL

O pasado 31 de maio, celebrouse na Praza do Mercado, o último torneo de xadrez do curso 2017-2018, organizado polo IES Barral.

Outra vez o noso equipo formado por Arón, Guille, Andrés P., Ángela, Juliana, Marcos E., Andrés E., Marcos R., Yeray, Luis, José Luis, Anxo, David Brais, Rubén e Antonio, pasaron unha gran mañá disfrutando co xadrez.

 

 

TORNEO XADREZ IES BARRAL, na praza do mercado on PhotoPeach

VISITA A FP INNOVA

O noso alumnado visitou a feira FP Innova 2018, onde os alumnos de 2º CM de Electricidade presentaba o seu proxecto.

 

VISITA A FP INNOVA 2018 on PhotoPeach

INTERCAMBIO ERASMUS +

Intercambio dentro do programa ERASMUS +, con alumnado irlandés, 5 alumnos de cada un dos Ies de Ponteareas, IES PEDRA DA AUGA, IES VAL DO TEA, IES BARRAL.

 

     ERASMUS +

VISITA A IMATXINA E NATURNOVA

O noso alumnado de 2º da ESO, visitou Imatxina, e disfrutou coas matemáticas.

Logo tamén tivemos tempo para a natureza e visitamos Naturnova.

 

VISITA A IMATXINA E NATURNOVA on PhotoPeach

Distribuir contido