PROXECTO INNOVACIÓN 2018 DEPARTAMENTO ELECTRICIDADE: INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA CONTROLADA VIA WEB
O departamento de electricidade quere informar a toda a comunidade educativa do IES PEDRA DA AUGA que lle foi concedido por segundo ano consecutivo un novo proxecto de innovación que consiste nunha instalación fotovoltaica controlada con arduino e monitorizada via web. Contamos coa colaboración do departamento de automoción para a realización das estructuras metálicas dos paneis fotovoltaicos e coa empresa Enrede Cloud Solutions, S.L.
Comezamos xa a executar a instalación exterior dos focos led, sensores de movemento, sensor crepuscular e estructura metálica dos paneis deixando xa instaladas as correspondentes liñas.
Dito traballo foi realizado polos alumnos de 1º curso da FP Básica de electricidade e por alumnos de automoción na colocación da estructura dos paneis.
O traballo de automatización da instalación será realizado polos alumnos de 2º do ciclo de electricidade no curso 2018-19
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG_20180622_105939.jpg | 5.76 MB |
IMG-20180530-WA0006.jpg | 164.77 KB |
IMG_20180626_121054.jpg | 2.92 MB |
IMG_20180626_120802.jpg | 4.43 MB |
IMG_20180622_105950.jpg | 1.23 MB |