CYRANO DE BERGERAC
Alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato acudiron hoxe á representación teatral en lingua francesa “Cyrano de Bergerac” da man da plataforma artística “La Bohéme Théâtre”.
O departamento de Francés organizou esta actividade, coa que o alumnado tivo a posibilidade de exercitar a comprensión oral da lingua francesa ao tempo que gozaron da adaptación desta peza de teatro de Edmond Rostand.