Skip to Content

Actividades no centro

Actividades no centro

Xoves 29 de setembro: Inauguración do club de lectura

Este xoves quedou inagurado o club de lectura para o curso 2022-2023. A profesora Montse Santos deu a benvida ao alumnado que participa, contando este ano cunha gran recepción

Xoves 22 de setembro: Reunión do Consello Climático

Con motivo da semana dos obxectivos de desenvolvemento sostible (semana do 15-26 setembro), celebrouse a primeira reunión para o alumnado de bacharelato (que xa participou o ano pasado) e de 4º de ESO (que se apunta novo este ano).

10 de maio: Charla sobre Educación Oral.

A odontóloga Lucía Sales fala da importancia de ter unha boca sana ó alumnado de 1º e de 2º da ESO. Tamén da indicacións de cómo levar a cabo unha correcta limpeza bucal, ademais de amosar a través dunha maqueta, cómo limparse dun xeito correcto.

5 de maio: Obradoiro de Rosalía de Castro.

A poetisa Nuria Vilán Prado, firme defensora da poesía oral e falada, expón, recita e analiza os poemas da nosa Rosalía de Castro, xunto co alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato.

27 de marzo: Charla "Avívate con Firepoctep: Por un monte sen lumes"

A bióloga Luz Eyo, acompañada do Alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, preséntannos as pautas a seguir de cara a prevención dos lumes no noso territorio.
Distribuir contido


by Dr. Radut