Skip to Content

Acto informativo a nais/pais/titores legais do alumnado que accede a 3º ESO para o vindeiro curso

O pasado luns día 5 celebrouse en Usos Múltiples unha concorrida reunión para comentar por parte da Dirección e  o Departamento de Orientación do noso centro, as distintas opcións que se lle presenta ao alumnado de 3º de ESO e as repercusións nos estudos posteriores.
Valórase moi positivamente a alta presenza de nais/pais/titores legais que practicamente enchía o salón. Para o noso instituto resulta moi gratificante comprobar o grande interese e participación que amosaron os presentes na reunión. Tamén se evidenciou o desconcerto diante da situación de incerteza que a nivel normativo/lexislativo se está a dar no sistema educativo actual, situación causada pola implantación da LOMCE.
Desde o equipo directivo agradecemos publicamente a través desta páxina a presenza e participación das familias asistentes ao acto. Este é un dos camiños a seguir para mellorar a calidade do ensino público.

Repercusión da saída ao Courel na prensa comarcal

O xornal comarcal A NOVA PENEIRA recolle nas súas páxinas unha información sobre a visita pedagóxica que o noso centro fixo ao Courel. Mostramos a páxina onde é recollida a nova.
 
 Xornal Nova Peneira

Axudas para libros e material escolar

ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E PARA O ACCESO AO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-18.

Informámolos de que xa está aberto o prazo para presentar as solicitudes de axudas para a compra de libros e material escolar, así como para acceder ao Fondo solidario de Libros de Texto para o vindeiro curso 2017-18. O prazo rematará o vindeiro 23 de xuño. Os impresos poderán recollelos na Secretaría do Instituto ou baixalos desde o seguinte enlace:

Convivio e caminhada de Melgaço

Tal e como  estaba prometido, retomouse a Convio e caminhada de Melgaço. O alumnado  de 2º ESO desprazouse ao país irmán e viviu unha experiencia, curta pero moi intensa con compañeiras e compañeiros do outro lado do río que nos une. Os profesores  tamén sentimos a hospitalidade dos nosos colegas cos que no pouco tempo que compartimos, non deixamos de agromar ideas para futuras experiencias compartidas.

Desde a Escola de Melgaço partimos cara a Lamas de Mouro, onde Abel, o guía, levounos polo camiño dos romeiros que ían ao santuario da Peneda. Alí xantamos. Rematamos a xornada na área de lecer de Lamas de Mouro, chegando xustos de tempo para coller o autobús escolar.

Alumnado en Portugal

Alumnado en Portugal

Xornada acollemento para alumnado libre de FP.

O vindeiro venres 26 ás 11:30 terá lugar a sesión de acollemento de alumnado libre de formación profesional, na sala de usos múltilples do IES Pazo da Mercé. Esta xornada é de obrigada asistencia para o alumnado matriculado por libre no ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes, segundo se recolle na orde do 5 de abril de 2013, pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional.

Aulas de reforzo de 2º de Bacharelato

Tras a reunión mantida con alumnado de 2º de Bacharelato, decidiuse que as aulas de reforzo ata a data das ABAAU serán os luns -só en horario de mañá-, martes e mércores segundo o horario do curso. Os xoves e venres permanecerá aberta a Biblioteca para aquelas persoas que desexen estudar no centro.

Parabéns polos resultado e moito ánimo!

Distribuir contido


by Dr. Radut